martes, 5 de xullo de 2016

VISITA A FEIRACO

Tiñamos previsto ir a Consumo, a Santiago de Compostela, para facermos alí uns obradoiros moi interesantes que lle ofrecen ao alumnado, pero non puido ser. Xa sabedes, ás veces non é doado cadrar as datas. Presentóusenos, entón, a posibilidade de ir visitar unha central leiteira, e... por que non?



Alá foron un nutrido grupo de alumnas e alumnos, na compañía das profesoras Emilia Saavedra e Rosa Rodríguez, a aprender como se constitúe unha cooperativa e visitar as instalacións da procesadora.



Algúns esperaban unha xornada algo máis agradable; seica o cheiro do leite non lles sentou ben a uns cantos, que viñeron algo mareados. Menos mal que de despedida houbo uns batidos para compensar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario