En canto aos obxectivos que tratamos de conseguir, imos destacar os seguintes:
- Ampliar a participación de todos os nenos/as, porque se reducen as esixencias técnicas do xogo.
- Integrar ambos os sexos nas mesmas actividades (coeducación), xa que se favorece a formación de equipos mixtos e unha participación equitativa.
- Reducir a competitividade que poida existir entre os nenos/as mediante a intervención do profesor, centrada en resaltar a natureza e dinámica deste deporte.
- Utilizar materiais pouco sofisticados e espazos máis reducidos que faciliten a práctica dos deportistas
- Conseguir que os alumnos aprendan e que se divirtan co novo enfoque deste deporte.
- Desenvolver a afección do alumnado á iniciativa e á responsabilidade.
- Contribuír ao desenvolvemento progresivo e integral dos alumnos/as.
- Ser uns elementos compensadores indispensables das tensións da vida moderna.
- Ofrecer un medio excepcional de formación da mocidade.
- Estimular a participación e a iniciativa.
- Iniciar un comportamento moral, ao mesmo tempo que achegar unha contribución ao coñecemento de si mesmo e dos demais.
Grazas a todas e todos os participantes por axudar a que saísen adiante.
Parabéns aos gañadores do torneo de fútbol:
PICHICHI: Douglas.
ZAMORA: Juanito.
1ª grupo clasificado: FPB Comercio.
2ª grupo clasificado: 2º ESO-A.
E agradecementos ao persoal de cafetaría tan estupendo que temos, Montse e José, patrocinadores dos premios Pichichi e Zamora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario