mércores, 6 de xullo de 2016

REMATAR O CURSO NA MELLOR ONDA

Temos a sorte de contar cunha contorna espectacular para a práctica de todo tipo de deportes, así que sería imperdoable que non tiraramos partido dela. Por poñer un exemplo hai un evento na comarca que vén de ser declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. É o Pantin Classic.
Nós, ciumentos dos surfistas australianos, quixemos tamén subirnos a unha táboa e facer, cando menos, o noso bautismo de surf, así que marchamos a Pantín toda unha mañá aproveitando para facer algo diferente e divertido no último día do curso.
Aquí vedes os intrépidos surfeiros:



 








Logo, aínda non rematadas as forzas, iniciamos un roteiro de sendeirismo dende a praia de Pantín á de Baleo, onde montamos o noso picnic, xogamos a un tres en raia moi dinámico e iniciamos o bronceado do verán. Sempre con protección, non vos esquezades!






Fermosísima paisaxe a que nos acompañou durante todo o día, xa que despois do descanso aínda continuamos ruta a pé ata Vilarrube coa mente posta nun fresco xelado que non daba chegado. Menos mal que, por fin, apareceu e completamos unha xornada que trascorreu de principio a fin... na mellor onda!!!
Unha fin de Proxecto Deportivo de Centro fantástica. Anima a seguirmos facendo cousas, a seguir co lema:

MÓVETE POLO CATABOIS. BULE!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario