luns, 30 de xaneiro de 2023

Paso a pasiño, colaborando facemos camiño

 Para celebrar o día da Paz e a Non Violencia, o IES de Catabois e o CEIP San Xoán de Filgueira realizaron unha Andaina Solidaria e Recollida de Alimentos para a Cociña Económica de Ferrol. 

Do IES de Catabois asistiron á andaina solidaria o alumnado de 1º ESO e 3º ESO para fomentar á convivencia entre estas/os alumnas/os que ademáis participan no programa Titoría Entre Iguais (TEI). Saíron camiñando desde o IES de Catabois ata a Cociña Económica de Ferrol para levar os alimentos que nos días previos se recolleron en ambos centros grazas á aportación de toda a comunidade educativa. 

Aquí podemos ver unhas imaxes da xornada









venres, 20 de xaneiro de 2023

O IES de Catabois asiste ao Encontro Internacional Erasmus+

         Os pasados días 18 e 19 de xaneiro celebrouse na nosa cidade de Ferrol o Encontro Internacional Erasmus+ a onde concurreu o noso instituto coa presenza de diversos docentes e a presentación dunha ponencia por parte da nosa directora Teresa Gómez Cheda explicando a experiencia Erasmus do noso centro.

        O IES de Catabois leva dende o ano 2011 participando en proxectos de internacionalización acadando unha grande experiencia na xestión destes programas.  Os alumnos do centro poden así contar cunha vía diferente de acadar novas competencias así como vivir experiencias vitais dun xeito diferente e aberto a Europa.

        





mércores, 18 de xaneiro de 2023

Educación para a saúde oral

 O alumnado da ESO do IES de Catabois participou no programa de Educación para a Saúde Oral impartido polo alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Hixiene Bucodental do CIFP Leixa. Nunha primeira sesión, o alumnado de CIFP Leixa visitou o noso centro para realizar unha enquisa sobre os hábitos de saúde bucodental entre o noso alumnado, posteriormente nunha segunda sesión, o noso alumnado foi o que se desprazou ata o centro de CIFP Leixa para visitar distintos postos onde poideron coñecer a profesión e o equipamento dunha clínica dental, os tipos de cepillos e materiais complementarios ao cepillado, así como as enfermidades bucais e moitas curiosidades.