xoves, 29 de febreiro de 2024

OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL

 Un ano mais tivemos a sorte de contar con Martín, sociólogo e socio de Rexenerando que impartíu hoxe un obradoiro sobre afectividade e sexualidade ao alumnado de 3º ESO. 



 

 

Grazas Martín pola túa implicación!!



mércores, 28 de febreiro de 2024

Días de Rugby

 "Nestes días tivemos a sorte de ter ao Club de Rugby de Ferrol nas clases de Educación Física co noso alumnado, dandolles a oportunidade de descubrir un novo deporte, o cal, pode ser un bo recurso para conseguir ter un estilo de vida saudabel. 

Moitas gracias ao Club Rugby Ferrol por esta experiencia tan enriquecedora"




















martes, 27 de febreiro de 2024

O IES de Catabois participa no Minimaket da Asociación de Xóves Empresarios

   Os alumnos de 4º ESO da materia de Economía e Emprendemento participaron o pasado 20 de febreiro no Minimarket organizado pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Ferrolterra. 

  Nesta cita poideron presentar os seus proxectos emprendedores cun grande éxito de público que se interesou sobremaneira no proxecto dos nosos alumnos. 

  Un chaveiro feito a medida con QR que remita a unha páxina web.











luns, 12 de febreiro de 2024

Charla sobre As Meninas de Canido por Eduardo Hermida

 O día 18 de decembro acudiu o centro Eduardo Hermida para facer partícipeo alumnado dos murais das Meninas que se levan facendo dende fai anos en Canido.

Posteriormente o alumnado de Expresión Artística realizou os bocetos de un mural que se vai realizar no muro exterior do centro, dos que ofrecemos algúns deles






Entroido 2024

 O venres 9 de febreiro celebramos o Entroido no IES de Catabois. Decoración de portas, comparsas, disfraces... todo coa temática da biblioteca do centro.



  

2º premio 1º eso B

 

1º premio 4º eso A




Actuación das comparsas