venres, 26 de abril de 2024

Os alumnos do IES de Catabois visitas Innovart 2024

 Os alumnos de 4º ESO e 1º BAC do IES de Catabois participaron na xornada desenvolvida na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela de Innovart 2024. 

Esta feira foi organizada pola Consellería de Educación para promocionar as ensinanza artísticas, de idiomas e deportivas do Sistema Educativo Galego.

Os alumnos participaron en diversas actividades que lles aclararon a formación que se imparte nesas ensinanzas.







luns, 15 de abril de 2024

XORNADA DE CONSUMO RESPONSABLE CO INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

 O día 12 de abril celebramos no noso centro un taller organizado pola Secretaría do Centro e o Departamento de Economía sobre o consumo reponsable con un ponenente do Instituto Galego de Consumo.

Os alumnos de 4º ESO e de 1º BAC poideron coñecer de primeira man normas de actuación e prácticas para exercer o conumo responsable e consciente. 

A información é ao mais importante para educar consumidores responsables.






xoves, 11 de abril de 2024

DIVERSIDADE SEXUAL E PREVENCIÓN LGTB fobia

  O alumnado de 2º ESO participou hoxe nun obradoiro sobre diversidade afectivo-sexual e prevención da LGTBI fobia. Impartiu o obradoiro Martín, sociólogo da asociación Rexenerando.





luns, 8 de abril de 2024

DÍA DO POBO XITANO

   Este ano conmemoramos o día do Pobo xitano en dúas xornadas. 

  O venres 5 abril  nun  acto a o que acodíu todo o alumnado do centro, colocamos a  bandeira que os representa, fixeron a lectura do manifesto para este ano 2024 e tamén houbo unha actuación musical a cargo do grupo "La Calle del 23".

 
Hoxe 8 abril, conmemoramos o día  cunha gran merenda.

 








Tamén houbo un espazo para que o alumnado dese a coñecer a toda a comunidade educativa aspectos da súa cultura.