venres, 28 de abril de 2023

OBRADOIRO DE CADROS VIVINTES

 Un ano máis celebramos no IES a Feira do libro solidaria e, dentro das actividades programadas, desenvolveuse un obradoiro de cadros vivintes, baixo a temática das emocións. Aquí tedes o resultado logo da implicación do profesorado e alumnado do noso centro e tamén dos centros adscritos, CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira e CEIP de Pazos.

Foi unha experiencia moi divertida. Grazas a todos os participantes! 











xoves, 27 de abril de 2023

 CONCURSO DE CONTOS (DE)CONTADOS


Os contos infantís e as películas de animación, por exemplo de Disney sobre princesas, son unha parte fundamental da infancia de moitas persoas. Desde Blancanieves até A Sireniña, estas historias cautivaron a xeracións enteiras cos seus personaxes coloridos, as súas aventuras emocionantes e os seus finais felices. Sen embargo, a pesar do seu encanto, estas historias favorecen a violencia simbólica, hacia as mulleres e nenas.

A violencia simbólica refírese ás formas sutís de opresión que perpetúan a discriminación e a desigualdade na nosa sociedade. A miúdo se presenta en forma de estereotipos e roles de xénero tradicionais, que reforzan a idea de que os homes e as mulleres teñen características e roles predeterminados que deben seguir. Nos contos infantís e as películas  de princesas, estos estereotipos e roles de xénero tradicionais  preséntanse en forma de personaxes principais.

As protagonistas femininas, soen ser retratadas como personaxes pasivos e sumisos que esperan ser rescatadas polo protagonista masculino,  encantador. Estos personaxes a miúdo carecen de axencia e autonomía, e o seu principal obxectivo na vida é atopar o amor na súa versión romántica. En contraste, os personaxes masculinos soen ser retratados como fortes e valentes, coa capacidade de tomar decisins importantes é liderar.

Estas mensaxes teñen un impacto profundo en como as crianzas se ven a sí mesmas e aos demáis. Ao ensiñarlles que os homres e as mulleres deben cumprir con certos estereotipos e roles de xénero, estamos limitando a súa capacidade para explorar e desenvolver  todo o seu potencial.

Ademáis, estos estereotipos e roles dexgénero tradicionais están na base da violencia machista nas relacións interpersonais,  reforzando á idea de que os homes teñen dereito a tomar o control e exercer poder sobre elas. Ao mesmo tempo, tamién estamos ensinando aos nenos que deben ser fortes e dominantes, o que pode levar a comportamentos agresivos ou violentos.

Con motivo do 25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra ás mulleres, o alumnado dos PFB comarca  Ferrolterra desenvolveu una actividade deniminada “Concurso de contos decontados”, nos que partindo de varias historias, en diferentes formatos, video xogo, película Disney, fixeron a súa adaptación ou Remake, eliminando os roles e estereotipos de xénero tradicionais. As fotos que aprecen neste artigo mostran dous dos traballo feitos




mércores, 19 de abril de 2023

O lixo mariño

 O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e o de Tecnoloxía organizou xunto co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ( CEIA), unha actividade para o alumnado de 1º ESO e 3º ESO que desenvolveuse en dúas sesións. A temática foi o lixo mariño. A primeira sesión realizouse no centro educativo e a segunda na praia de Cabanas (Pontedeume).

Na actividade realizada no centro educativo o alumnado coñeceu a importancia dos océanos e as causas e consecuencias do problema dos residuos presentes neles. 

Na actividade realizada na praia de Cabanas o alumnado realizou un inventariado dos residuos presentes na praia, anotando nunha ficha o tipo e cantidade de cada un deles. Ó remata calcularon o seu peso. 

Con estas actividades adquirimos conciencia do noso impacto persoal e como podemos influir poderosamente na redución dos residuos que xeramos, de cara a ter un futuro sostible. 
















A Axencia Tributaria divulga a importancia da educación cívico tributaria no IES de Catabois

 Organizada polo Departamento de Economía celebrouse xornada de divulgación cívico-tributaria por parte do técnico da AEAT, don Miguel Hernández.

 Na xornada participaron os alumnos de 1º de BAC e 4º de ESO, así como os dos ciclos de PFB que se imparten no centro.

Os alumnos accederon á un coñecemento de primeira man sobre os principais impostos e o seu destino así como visualizaron a importante labor da Axencia Tributaria na persecución do fraude fiscal.






Plan Proxecta+ : Exposición dos resultados do Taller de Prensa

Os alumnos de 4ºESO realizaron a exposición dos datos recopilados no taller de prensa escrita sobre a publicidade neste tipo de medio de comunicación. Este taller enmárcase dentro do proxecta+ que están a realizar os alumnos co título de "publicidade sana", para ver o impacto da publicidade na adolescencia.

O tratamento realizouse mediante cálculos estatísticos e a elaboración do material foi feita a traverso de excell expoñendo os datos coa ferramenta "presentaciones" de google, e realizamos a exposición o pasado día 17 de abril en clase.