CONCURSO DE CONTOS (DE)CONTADOS
As protagonistas femininas, soen ser retratadas como personaxes pasivos e sumisos que esperan ser rescatadas polo protagonista masculino, encantador. Estos personaxes a miúdo carecen de axencia e autonomía, e o seu principal obxectivo na vida é atopar o amor na súa versión romántica. En contraste, os personaxes masculinos soen ser retratados como fortes e valentes, coa capacidade de tomar decisins importantes é liderar.
Estas mensaxes teñen un impacto profundo en como as crianzas se ven a sí mesmas e aos demáis. Ao ensiñarlles que os homres e as mulleres deben cumprir con certos estereotipos e roles de xénero, estamos limitando a súa capacidade para explorar e desenvolver todo o seu potencial.Ademáis, estos estereotipos e roles dexgénero tradicionais están na base da violencia machista nas relacións interpersonais, reforzando á idea de que os homes teñen dereito a tomar o control e exercer poder sobre elas. Ao mesmo tempo, tamién estamos ensinando aos nenos que deben ser fortes e dominantes, o que pode levar a comportamentos agresivos ou violentos.
Con motivo do 25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra ás mulleres, o alumnado dos PFB comarca Ferrolterra desenvolveu una actividade deniminada “Concurso de contos decontados”, nos que partindo de varias historias, en diferentes formatos, video xogo, película Disney, fixeron a súa adaptación ou Remake, eliminando os roles e estereotipos de xénero tradicionais. As fotos que aprecen neste artigo mostran dous dos traballo feitos
Ningún comentario:
Publicar un comentario