O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e o de Tecnoloxía organizou xunto co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ( CEIA), unha actividade para o alumnado de 1º ESO e 3º ESO que desenvolveuse en dúas sesións. A temática foi o lixo mariño. A primeira sesión realizouse no centro educativo e a segunda na praia de Cabanas (Pontedeume).
Na actividade realizada no centro educativo o alumnado coñeceu a importancia dos océanos e as causas e consecuencias do problema dos residuos presentes neles.
Na actividade realizada na praia de Cabanas o alumnado realizou un inventariado dos residuos presentes na praia, anotando nunha ficha o tipo e cantidade de cada un deles. Ó remata calcularon o seu peso.
Con estas actividades adquirimos conciencia do noso impacto persoal e como podemos influir poderosamente na redución dos residuos que xeramos, de cara a ter un futuro sostible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario