Este curso participamos na VI edición do concurso escolar de cancións en lingua de signos organizado pola FAXPG (federación de asociación de persoas xordas de Galicia) e que tiña como obxectivo visibilizar a Lingua de Signos nas aulas, dun xeito divertido a través da música.
Lamentablemente non gañamos, pero pasar, pasámolo moi ben e aprendimos moito.
Grazas Sara pola túa paciencia e por todo o traballo realizado!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario