xoves, 23 de maio de 2019

A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA

Dentro do Proxecto Quérote +  traballouse dende a materia de inglés:
 “ A relación dos sexos a través da tecnoloxía” mediante un cuestionario e a visualización de vídeos.

Este foi o cuestionario e estas as repostas máis relevantes entre o alumnado de 3º ESO

1.-Do you use whatsapp? What’s your opinion about it?

Todos os alumnos/-as usan o whatsapp e consideran que é útil, fácil de usar e rápido para 
comunicarte cos amigos e a familia.

2.-What do you use it for?

3.-Do you share photographs through wahtsapp or any other social network?

2 e 3.-Todos o usan para falar cos amigos e a algúns tamén coa familia. Principalmente
 falan pero tamén comparten fotos ou videos.

4.-How do you control who gets the photos?

Todos din compartir as fotos e vídeos só con amigos pero máis da metade dos enquistados
ou non contestan ou admiten non saber que pode pasar con estos materiais. Dous alumnos 
recoñecen abertamente que non teñen control sobre os materiais enviados e outros dous 
(un rapaz e unha rapaza) din que só llelos envían á xente adecuada (seleccionada por eles).
 Dúas alumnas manifestan seleccionar que materiais envían.

5.-Would you like if they were shared with people you don’t know?

6.-How woud you feel?

5 e 6.-A maior parte dos estudantes manifestan que non lles gustaría que as fotos ou vídeos 
chegaran a xente que eles non coñecen. Algúns din que se sentirían avergonzados se outra
 xente tivera acceso a eles e outros comentan que se enfadarían ou se sentirían traicionados.

7.-And what if they were intimate photos?

O sentimento de enfado, traición e vergonza é peor cando falamos de fotos íntimas, aínda 
que cabe destacar que a maior parte dos que contestan a esta pregunta indican que nunca
enviarían este tipo de fotos ou vídeos.

8.-How do you think we can make people more responsible towards this?
A maior parte dos estudantes non contestaron a esta pregunta ou din que non saben como 
facer que a xente sexa máis responsable con respecto a isto. Unha alumna suxire que se 
debería amosar aos estudantes casos reais onde isto ten sucedido e outro menciona que 
se debe facer fincapé sobre o perigos que é intercambiar fotos íntimas.

9.-Would you ask your boyfriend/girlfriend to give you his/her nicks or passwords?

10.-Would you like to give your boyfriend/girlfriend your nicks or passwords?

Todos os alumnos e alumnas coinciden en que nunca lle pedirían o nick ou contrasinal á 
súa parella porque pensan que todos temos dereito á nosa intimidade e privacidade.

Ademais creáronse diapositivas como esta en relación ao tema.




martes, 21 de maio de 2019

CONSUMÓPOLIS: SACANDO PROVEITO AO USADO "ZAPATILLAS CAUCHO SPORT"

O alumnado do centro participou nun proxecto chamado Consumópolis que tiña como finalidade a concienciación da conservación do medio ambiente e da relevancia da reciclaxe. Dábase así continuidade ao impulso de iniciativas neste sentido nas que xa estabamos inmersos no noso centro, posto que xa se viña traballando desde diferentes actuacións, tanto lúdicas (Gymkana de Nadal, onde unha das proba era reciclar axeitadamente) como curriculares (Bioloxía, Promoción de Estilos de Vida Saudables) ou organizativas (quendas para as distintas titorías de limpeza do patio con separación dos residuos).

O concurso dividíase en dúas partes:
 Primeira fase: concurso virtual. Consistía no percorrido pola cidade virtual de Consumópolis.
 Segunda fase: o produto final. Había que deseñar,  elaborar e presentar un produto sobre o consumo responsable.

 O produto realizado polo alumnado de 1 ESO foi:

                           Zapatillas Caucho Sport RINAK 

             " Corre como a túa bici"



Moitos dos materiais como goma eva, pinturas acrílicas en aerosol (cores vermello e prata), pegamento, silicona, grampas, cúter, tesoiras, pistola de silicona e grampadora, xa os tiñamos no centro. Para o resto, o alumnado pediu axuda ás familias e a outros docentes: a cuberta de caucho conseguírona nun desgüace; a taladradora de facer buracos en cintos prestóunola a titora e os cordóns eran uns de recambio que traían unhas zapatillas e que non se usaron.