mércores, 20 de febreiro de 2019

HOXE DAMOS A CLASE NÓS

Participando no Plan Proxecta Quérote +,  os alumnos de 3º ESO elaboraron un traballo sobre as Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) e os métodos anticonceptivos na materia de Bioloxía e Xeoloxía. Posteriormente realizaron unha exposición dos seus traballos.





martes, 19 de febreiro de 2019

O modelo do amor romántico


Na clase de Lingua Castelá aproveitouse a data do San Valentín para traballar os mitos do amor romántico. Xerouse un debate moi interesante na aula, no que rapazas e rapaces participaron activamente. En primeiro lugar desenvolveuse a ficha “O modelo de amor romántico” e logo pedíuselle ao alumnado que trouxese descargada a aplicación DetectAmor, creada polo Instituto andaluz da Muller: http://www.juntadeandalucia.es/iamindex.php/coeducacion/app-detectamor



               Trátase dun recurso lúdico para que a xente nova xogue, se divirta e investigue sobre as relacións de parella e cuestionen a súa idea do amor, reflexionando sobre posibles actitudes machistas e de violencia de xénero.
            A actividade centrouse no bloque do test Mitógrafo. O alumnado debía situarse a unha ou outra banda da clase segundo estivese ou non de acordo con algunhas frases-mito en relación ao amor: “Busco a media laranxa”, “O amor é para sempre”, “Ten ciumes porque me quere”... A maioría caía na conta de que se trataba só de mitos, e non de realidades, pero algún/algunha que outro houbo que convencelo/a e os argumentos foron ben rotundos.
            Sorprende ver que, malia o informados e concienciados que están os rapaces e rapazas, as estatísticas informen desgraciadamente dunha perpetuación deses mitos entre a xente máis nova. 

Estas son algunhas das diapositivas realizadas polos alumnos en relación a algunha frases-mito:








luns, 18 de febreiro de 2019

UNHA APRENDIZAXE QUE PODE SALVAR VIDAS

O día 11 de Febreiro acudiron ao noso centro cinco residentes de enfermería da área sanitaria de Ferrol para ensinar aos alumnos de 3º, 4º ESO e dos programas formativos de limpeza e comercio a cadea de supervivencia, é dicir, aquellos pasos e accións que hai que seguir para atender a unha persoa en caso de parada cardiorrespiratoria. Uns simples pasos dunha cadea que empregados correctamente poden chegar a salvar unha vida.










xoves, 14 de febreiro de 2019

MI ORINA DE HOY ,MI CAFÉ DE MAÑANA



El 28 de enero tuvimos la suerte de contar con Angela Vázquez Pena ,ingeniera química experta en tratamiento de aguas.Vino para enseñarnos lo que era la destilación y el filtrado para poder aplicarlo en nuestros Proyecto científico para FLL 2019.









A QUÉ DISTANCIA ESTA O CEO?

Nos visito el doctor en Física Jorge Mira para contarnos lo lejos que esta el cielo.Aprendimos muchas cosas nuevas que no conocíamos. Nos sirvió como introducción para nuestro proyecto científico,para la First Lego League y para conocer un poco más a nuestro SATURNO.









luns, 4 de febreiro de 2019

DECÁLOGO PARA AS RELACIÓNS DE PARELLA ENTRE ADOLESCENTES.

Nesta ocasión o alumnado de 2º ESO tiña que reflexionar sobre a violencia de xénero, e en especial sobre a que aparece nas relacións entre parellas de adolescentes.

Elaboraron un DECÁLOGO que está colgado no taboleiro da súa clase, sobre unhas relacións de parella entre adolescentes baseadas no diálogo e na cooperación. Non deixando ningún espazo para a violencia.


 QUÉROTE... SEN VIOLENCIA!!!












 Con esta actividade propuxeron formas de relación baseadas na igualdade, no respecto, na autonomía persoal e no apoio mútuo.