martes, 26 de novembro de 2019

ACONDICIONAMENTO DA CASA DO CONSERXE

 Neste gran proxecto de facer unha horta ata o 

persoal non docente vese implicado: 

acondicionándonos a antiga casa do conxerse. 

Alí deixamos as ferramentes e podemos asearnos 

despois de andar traballando na horta.

luns, 25 de novembro de 2019

CONCURSO CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



      Durante este mes de novembro  organizouse un concurso de carteis, frases e lemas para contrubuir e manifestar o  rexeitamento en contra da violencia cara as mulleres.

   Este foi o elixido como gañador, e é que é o que nos representa como centro. Puxémolo como fondo de perfil do WhatsApp, para facelo viral e que chegase á maior cantidade de xente posible.





  



Os demais carteis e lemas están expostos nun dos taboleiros do corredor central.


25 N DIA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO



      No día de hoxe 25 de Novembro, celebramos o día en  contra da violencia de xénero no noso IES.

  Estas son algunhas das actividades que fixemos:

Árbore contra a violencia de xénero, o alumando de 2º PMAR fixo a silueta dunha árbore e tamén recortou as follas nas que o resto do alumnado escribiu as súas frases e lemas en contra da violencia machista.
























O alumnado de 2º PMAR preparou tamén unhos lazos de cor violeta, que posteriormente cada alumno/a do centro se poñía,  unha vez colocada a súa frase, lema...contra a violencia de xénero na árbore



















mércores, 20 de novembro de 2019

VISITA DA TRIATLETA MARTA BARBEITO PARA PROMOCIONAR O DEPORTE FEMININO


       Dentro do marco do proxecto AMAZONAS, para o fomento do deporte feminino, tivemos este mércores a charla de Marta Barbeito que ofreceu a Federación Galega de Triatlón ao alumnado de 1º e 2º da ESO.


      Esta triatleta galega explicounos os  fundamentos deste deporte que require gran capacidade de esforzo e sacrificio persoal. De xeito divertido explicounos as distintas disciplinas que o compoñen (natación, ciclismo e carreira), os materiais, e tamén fixo un repaso polos triatletas e probas mais destacadas. 



     Resaltou  así mesmo, o carácter igualitario deste deporte, onde as distancias e os premios económicos son os mesmos tanto para mulleres como para homes, e que o deporte non está reñido cos estudos pois  os triatletas  son capaces de compaxinar os seus entrenamentos de alto rendemento coas suas carreiras universitarias poñendo o exemplo da triatleta do Clube  Triatlón Ferrol, Miriam Casillas.


mércores, 13 de novembro de 2019

O COMPOSTEIRO: OUTRA FORMA DE RECICLAR


Consideramos un obxectivo primordial aprender a reciclar os residuos polo que contamos con   un composteiro, agasallo de SOGAMA. Hai que ter en conta que el compostaxe é un proceso de transformación da materia orgánica para obter compost, un abono natural. Concienciando ao alumnado que o lixo diario que se xera nos fogares contén un 40% de materia orgánica, que pode ser reciclada e retornada á terra en forma de humus para as plantas e cultivos. Desta maneira contribuímos á redución dos lixos fabricando ou noso abono dunha forma ecolóxica e natural 

SEMENTAR, SEMENTAREMOS, ...


Este ano nos propuxemos a creación dunha horta escolar, parte da idea de crear no centro escolar unha zona de traballo que nos axude a desenvolver de forma cooperativa todas as actividades que veñen relacionadas non só coa reciclaxe, a sustentabilidade ambiental e a conciencia ambiental senón tamén como modelo de emprendimiento de futuro. 
 
A idea é a construción dunha horta usando materiais reciclados, que sexa ecolóxica e que a colleita serva para o consumo do alumnado. Este é un proxecto que se levará a cabo de forma cooperativa con todos os departamentos do instituto. 

Iniciamos o noso proxecto cun pequeno espazo dispoñible de aproximadamente 20 metros cadrados, exterior ao edificio central, pero interior ao recinto do centro. Este tamaño ten a vantaxe, como horto de inicio, de ter un custo máis baixo na instalación e mantemento e dá a posibilidade de plantar diversidade de cultivos hortícola propios da época do ano e autóctonos.
Consideramos  que a horta escolar é unexcelente recurso para posibilitar a un alumnado maioritariamente urbano,múltiples experiencias acerca da súa contorna natural e rural, entender as relacións e dependencias  que temos con el , e pór en práctica actitudes e hábitos de coidado e responsabilidade do medio ambiente.