venres, 28 de outubro de 2022

Viaxe de Erasmus a Turquía

 

Catro alumnas e dúas docentes do IES de Catabois partiron o 9 de outubro rumbo a Turquía para participar no encontro de diferentes grupos que a nivel europeo participan no proxecto Erasmus + “Upcycling: A Project Bottom to Top”. Alí pasaron seis días inolvidables creando obras artísticas a partir de materiais de refugallo que é o eixo sobre o que xira o proxecto. Ademais tiveron tempo de empaparse e adentrarse na vida do país facendo camiñatas e deportes na natureza, por exemplo realizaron un tour pola cidade de Giresun a orillas do Mar Negro e pola cidade de Ordu;  visitaron o parque natural de Kuzulan, coa súa cascada e o seu lago azul, os travertinos de Göksu e subiron en teleférico ata Boztepe onde disfrutaron dunha preciosa paisaxe.