mércores, 8 de marzo de 2023

Plan Proxecta+ : Deseñando os cartaces

     Dentro do Plan Proxecta+ Publicidade Sana, continuamos a desenvolver o plan coa elaboración dos cartaces que servirán de base para a venda do produto.

   Colaborando entre os departamentos de Economía, Debuxo e Historia, estamos a ensinarlles aos alumnos as diferentes técnicas da carterlería tanto histórica como actualmente.

    Son uns primeiros borradores utilizando diversas técnicas que procedermos a pulir de cara á fase final do proxecto. 


 



AXE Ferrol - Minimarket - Segunda Sesión e a Idea de Negocio

    Continuamos co Proxecto Minimarket celebrando a segunda sesión do mesmo coa especialista Margarita Carballo para traballar a idea empresarial. 

    Os alumnos divídense en grupos de traballo de ata 5 persoas e realizan un brainstorming para identificar a idea que van a traballar ao longo do curso. 

    Estes talleres servirán para traballar o aprendido ao longo do curso na aplicación de técnicas publicitarias así como no desenvolvemento da Iniciativa Emprendedora por parte dos alumnos.