xoves, 23 de febreiro de 2023

A OMBROS DE XIGANTAS


Plaxiando unha das frases máis lexendarias da ciencia dímoslle título ao proxecto adicado a o "Día Internacional da nena e a muller na ciencia".

A actividade foi desenvolvida  a través da realización de diferentes murais, cada un cun nome dunha muller relavante no ámbito científico, apoiado dunha pequena reflexión sobre algún paralelismo coa vida do alumnado dos Programas Formativos Básicos, como o país de nacemento, a migración.

Este foi o resultado: 



RAHMA BOURQIA, marroquí, socióloga e antropólaga, membra da Academia das Ciencias do Reino de Marrocos







ADRIANA OCAMPO URIA, colombiana, xeóloga planetaria, directora do programa de ciencia da NASA





FÁTIMA FIHRIA, marroquí, fundou una madrasa que foi a primeira institución de educación superior do mundo, coñecida na actualidade como a Universidade de Qarawiyyin en Fez.







ELISA LEONIDA ZAMFIRESCU, rumana, primeira inxeñeira de Europa








MARI CURIE, polaca e francesa, pioneira no campo da radioactividade, recibiu dous Premios Nobel








CLARA GRIMA, española, matemática, divulgadora científica e descubridora da figura xeométrica chamada escutoide.




Así quedou o noso pasillo:



luns, 13 de febreiro de 2023

AXE Ferrol - Minimarket : Promovendo o Emprendemento

     O IES de Catabois ven de colaborar coa Asociación de Xoves Empresarios de Ferrol para participar no Proxecto Minimarket con diversos centros educativos da zona de Ferrolterra, coa intención de promover o emprendemento e facilitar o contacto do alumnado coa realidade económica da nosa zona.

    O IES de Catabois participa con alumnos de 4º de ESO e dos grupos de FPA que se imparten no centro. 

    Hoxe desenvolveuse o primeiro evento, o taller de intelixencia emocional e autoestima impartido polo psicólogo Esteban López Reynoso. 

    Esta actividade planifícase como complento externo ao Plan Proxecta+ Galicons PUBLICIDADE SANA, complementando o mesmo dende un punto de vista de iniciativa persoal. 









Plan Proxecta+ : Os alumnos xa están a facer o envoltorio do produto final

            Dentro do taller 4 do Plan Proxecta+ Publicidade Sana, os alumnos xa están a deseñar o envoltorio para poder vender o produto, utilizando as técnicas publicitarias e de deseño aprendidas.

            Traballamos a iniciativa emprendedora cun produto final que poida ser visualizado e percibido materialmente.

            Nas fotografías podemos ver varios alumnos traballando no proxecto na clase de Debuxo Técnico.


 


xoves, 2 de febreiro de 2023

Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

 Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller



Con motivo do 25 N, o alumnado dos Programas Formativos Básicos do IES de Catabois realizaron unha actividade realcionada coa transmisión de estereotipos de xénero e a súa perpetuación nos contos e historias tradicionáis.

A actividade realizada tivo dúas fases, a primeira contou con unha pequena análise dos estereotipos de xénero que aparecen nos contos tradicionais, nas películas ou nos videoxogos. A segunda fase, xa máis creativa foi realizar un concurso de traballos, "Contos e Historias de-contadas". Os traballos elexidos foron os seguintes:

O primeiro traballo titulado "Todo a mi modo", cambia a historia da película de Disney SHREK, nela a Princesa Fionna toma a decisión de non transformarse en ogra porque quere unha relación que a respecte tal e como é.

Un segunto traballo parte do videoxogo popular Mario Bros, e crea un mundo onde é a Princesa  Peach a protagonista da acción


A actividade remata día 24 de xaneiro coa exposición de traballos ao alumnado de 2º da ESO matriculado na optativa de Igualdade




mércores, 1 de febreiro de 2023

Plan Proxecta+: O Instituto Galego de Consumo visita o noso centro

       Dentro do desenvolvemento do Plan Proxecta+ Galicons.net, vense de celebrar o pasado día 26 de xaneiro o obradoiro 4 do plan "Consumo Responsable" impartido por unha técnica do Instituto Galego de Consumo. 

     A técnica falou dos diferentes xeitos de publicidade e o uso fraudulento que se fai da mesma por parte de diferentes empresas, expoñendo casos prácticos.

    A presentación tivo un forte impacto nos alumnos presentes, creándose un debate posterior moi interesante sobre a realidade do alumnado e a práctica empresarial.