GRADUACIÓN DE 4º ESO - 18 DE XUÑO 2026
O día 18 de xuño de 2026 quedará no noso recordo como unha xornada moi emotiva para todo o equipo de Catabois. A graduación de 4º E.S.O supón o punto final dunha etapa cun grupo que nos ensinou moito sobre integración e diversidade. A mesma graduación foi a mostra disto: cada alumno co seu estilo e personalidade pero compartindo a celebración coma un grupo ata o final. Estamos moi orgullosos de todos eles e despedímolos cos ollos cheos de bágoas de felicidade, orgullo e tristeza pola despedida. Que sorte traballar cun grupo coma vós!



