mércores, 1 de febreiro de 2023

Plan Proxecta+: O Instituto Galego de Consumo visita o noso centro

       Dentro do desenvolvemento do Plan Proxecta+ Galicons.net, vense de celebrar o pasado día 26 de xaneiro o obradoiro 4 do plan "Consumo Responsable" impartido por unha técnica do Instituto Galego de Consumo. 

     A técnica falou dos diferentes xeitos de publicidade e o uso fraudulento que se fai da mesma por parte de diferentes empresas, expoñendo casos prácticos.

    A presentación tivo un forte impacto nos alumnos presentes, creándose un debate posterior moi interesante sobre a realidade do alumnado e a práctica empresarial. 










venres, 20 de xaneiro de 2023

O IES de Catabois asiste ao Encontro Internacional Erasmus+

         Os pasados días 18 e 19 de xaneiro celebrouse na nosa cidade de Ferrol o Encontro Internacional Erasmus+ a onde concurreu o noso instituto coa presenza de diversos docentes e a presentación dunha ponencia por parte da nosa directora Teresa Gómez Cheda explicando a experiencia Erasmus do noso centro.

        O IES de Catabois leva dende o ano 2011 participando en proxectos de internacionalización acadando unha grande experiencia na xestión destes programas.  Os alumnos do centro poden así contar cunha vía diferente de acadar novas competencias así como vivir experiencias vitais dun xeito diferente e aberto a Europa.