mércores, 31 de xaneiro de 2024

EXPERIENCIA PIALE FRANCIA 2023

 Durante o mes de novembro, a nosa compañeira María, docente de Lingua Castelá e Literatura, tivo a oportunidade de vivir un mes de inmersión na vida francesa na cidade de Bordeos.

Esta inmersión produciuse dentro do programa PIALE, Programa Integral de Aprendizaxe en Linguas Estranxeiras, da Consellería de Educación, e consistiu na integración na vida escolar en dous centros educativos da cidade.

María viviu un mes de inmersión total en Bordeos, gozando dunha cidade moi viva e da diversidade dos centros franceses que tivo a oportunidade de coñecer. E tivo tempo para ir á Ópera e ó Teatro Nacional, vivencias únicas que redundarán no seu ensino da lingua e a literatura.


En suma, coñeceu alumnado e profesorado francés, visitou lugares fermosos e viviu unha experiencia inolvidable cos seus compañeiros de Galicia.

Finalmente, volveu para contar a súa experiencia no centro:



Se tedes curiosidade, María ponse á vosa disposición na biblioteca do centro para contarvos todo o que queirades saber sobre a súa estancia.



Unha experiencia enriquecedora, sen dúbida!


venres, 19 de xaneiro de 2024

SAÍDA Á ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR) DE FERROL

O xoves 18 de xaneiro os Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química organizaron unha saída co alumnado de 1º e 2º ESO á Estación Depuradora de Augas residuais de Ferrol. Esta planta está situada en Cabo Prioriño, e recolle todas as aguas residuais procedentes de Ferrol e Narón.

Nesta visita o alumando coñeceu os tratamentos físicos, químicos e biolóxicos que se realizan sobre estas augas para reducir os valores de contaminación aos valores indicados pola lei, para posteriormente verter a auga ao mar sen causar danos nos ecosistemas mariños


Os profesionais da planta explicáronlles o funcionamento da depuradora e insistiron na necesidade de mellorar a xestión de residuos nos fogares para a protección do medio ambiente.



martes, 16 de xaneiro de 2024

EXCURSIÓN A ANDORRA DE 4º ESO E 1º BAC

 O IES de Catabois ten realizado neste xaneiro de 2024 unha viaxe de fin de etapa a Andorra. Os alumnos disfrutaron descubrindo unha nova realidade moi diferente á que están habitudados.

Os obxectivos prantexados de contactar coa natureza de montaña e percibir as diferencia co medio natural de Galicia, recoñecer a realidade plurilíngüe do estado, Visualizar unha realidade económica diferente, así como fomentar a capacidade de iniciativa e autonía do alumnado e o traballo en equipo, foron totalmente acadados. 

Moitas grazas aos profesores que acompañaron aos alumnos (Patricia e Xabier) así como aos compañeiros do CPI A Picota de Mazaricos por todo o apoio desta actividade en común.

Noraboa a todos os alumnos que acadaron tamén un grado de debutante na actividade de esquí e logrando baixar absolutamente todos algúnha pista da estación Gran Valira de Andorra.



  






domingo, 14 de xaneiro de 2024

CONCURSO DE DESEÑOS DE PORTAS DE NADAL

 

Un ano máis realizamos o concurso de deseño de portas de Nadal por grupos.







Os gañadores nesta ocasión foron o alumnado de 1º de bacharelato.



SEGUIMOS COS TRABALLOS DOS “ROTEIROS CIENTÍFICOS, ARTÍSTICOS E LITERARIOS”

Antes do Nadal

Unha vez feitos os bosquexos, elíxense entre os debuxos máis destacados e máis cómodos para representar no muro exterior, saíndo finalistas os seguintes debuxos:




Dos cales seleccionamos un, polo seu deseño cómodo e alcanzable para realizar o debuxo.


O alumnado á volta de Nadal e aproveitando o bo tempo, comeza coa obra no muro exterior do centro.