venres, 19 de xaneiro de 2024

SAÍDA Á ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR) DE FERROL

O xoves 18 de xaneiro os Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química organizaron unha saída co alumnado de 1º e 2º ESO á Estación Depuradora de Augas residuais de Ferrol. Esta planta está situada en Cabo Prioriño, e recolle todas as aguas residuais procedentes de Ferrol e Narón.

Nesta visita o alumando coñeceu os tratamentos físicos, químicos e biolóxicos que se realizan sobre estas augas para reducir os valores de contaminación aos valores indicados pola lei, para posteriormente verter a auga ao mar sen causar danos nos ecosistemas mariños


Os profesionais da planta explicáronlles o funcionamento da depuradora e insistiron na necesidade de mellorar a xestión de residuos nos fogares para a protección do medio ambiente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario