Durante o mes de novembro, a nosa compañeira María, docente de Lingua Castelá e Literatura, tivo a oportunidade de vivir un mes de inmersión na vida francesa na cidade de Bordeos.
Esta inmersión produciuse dentro do programa PIALE, Programa Integral de Aprendizaxe en Linguas Estranxeiras, da Consellería de Educación, e consistiu na integración na vida escolar en dous centros educativos da cidade.
María viviu un mes de inmersión total en Bordeos, gozando dunha cidade moi viva e da diversidade dos centros franceses que tivo a oportunidade de coñecer. E tivo tempo para ir á Ópera e ó Teatro Nacional, vivencias únicas que redundarán no seu ensino da lingua e a literatura.
En suma, coñeceu alumnado e profesorado francés, visitou lugares fermosos e viviu unha experiencia inolvidable cos seus compañeiros de Galicia.
Finalmente, volveu para contar a súa experiencia no centro:
Se tedes curiosidade, María ponse á vosa disposición na biblioteca do centro para contarvos todo o que queirades saber sobre a súa estancia.
Unha experiencia enriquecedora, sen dúbida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario