venres, 29 de abril de 2022

CURSO DE LINGUA DE SIGNOS

  

 

Este curso fixemos unha charla de sensibilización sobre "o alumnado sordo"e tamén un curso de Lingua de Signos para o alumnado de 1º ESO.
Aínda que o curso estaba dirixido inicialmente ao alumnado, o profesorado que tiña libre a esas horas ía incorporándose á actividade. 







mércores, 27 de abril de 2022

Feria do Libro e Día da Terra 2022

 Para conmemorar o día da terra e a semana do libro realizamos unha xornada intensa o día 26 de abril no noso centro. Comezamos cunha marcha solidaria xunto cos tres colexios adscritos (Pazos, San Xoán e Juan de Lángara) para recadar fondos para os nenos e nenas que viven o conflito de Ucrania, esta marcha organizouse a través de Save The Children. Posteriormente regresamos ao noso centro para realizar talleres de upcycling dirixido polos profes e alumnos participantes no proxecto Erasmus. Ademais tamén se organizou unha feira do libro con libros e xoguetes de segunda man. Neste caso a recadación foi destinada á cociña económica.Aquí temos un vídeo da xornada:



xoves, 7 de abril de 2022

Conmemoración do Día Mundial da Saúde

 Para conmemorar o Día Mundial da Saúde, 7 de Abril do 2022, no IES de Catabois tivemos a gran sorte de contar con dez residentes de mediciña e enfermería da área sanitaria de Ferrol que viñeron a impartir un taller sobre primeros auxilios e RCP.