mércores, 27 de abril de 2022

Feria do Libro e Día da Terra 2022

 Para conmemorar o día da terra e a semana do libro realizamos unha xornada intensa o día 26 de abril no noso centro. Comezamos cunha marcha solidaria xunto cos tres colexios adscritos (Pazos, San Xoán e Juan de Lángara) para recadar fondos para os nenos e nenas que viven o conflito de Ucrania, esta marcha organizouse a través de Save The Children. Posteriormente regresamos ao noso centro para realizar talleres de upcycling dirixido polos profes e alumnos participantes no proxecto Erasmus. Ademais tamén se organizou unha feira do libro con libros e xoguetes de segunda man. Neste caso a recadación foi destinada á cociña económica.Aquí temos un vídeo da xornada:



Ningún comentario:

Publicar un comentario