xoves, 30 de novembro de 2023

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E MENSTRUACIÓN

 O 30 de novembro o alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro de sexualidade e menstruación no que se falou dos cambios que xorden durante a pubertade e os tabús que existen arredor da menstruación, para que tanto as nenas coma os nenos aprendan a tratar con naturalidade o proceso menstrual.

 Falamos tamén de sexualidade, facendo fincapé na afectividade e desmontando ideas preconcibidas arredor da mesma.


O obradoiro estivo impartido por Cromosomos X, unha asociación sen ánimo de lucro que destina parte das súas ganancias a loita contra a pobreza menstrual en proxectos de cooperación no Sur Global. 







xoves, 23 de novembro de 2023

25 de novembro DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Hoxe, como tantos outros días, falamos da violencia que se exerce contra as mulleres.

 Nesta ocasión a través dun taller impartido por voluntarios de Cruz Roja, tratouse de sensibilizar ao alumnado de 1º ESO, e de poñer o foco de atención en como detectala.










No resto de titorías da  ESO traballaron en base a unha presentación elaborada por Carmen Río, profesora de tecnoloxía.

martes, 14 de novembro de 2023

Proxecta+ Publicidade Sa - iniciamos a primeira sesión 30 de Outubro

 Iniciamos este ano outra viaxe apaixoante polo mundo da publicidade. Empezamos o Proxecta+ de 2023-24 deste ano. 

A primeira xornada estivemos a traballar a historia da publicidade na aula de 4º ESO de Economía e Emprendimento. 

Grande sorpresa cos anuncios que vían os avós e os pais na televisión. 




xoves, 9 de novembro de 2023

QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES

      Hoxe rematamos unhas xornadas moi interesantes nas que o alumnado, especialmente as rapazas de 3º e 4º ESO, coñeceron da man de mulleres traballadoras en sectores tradicionalmente masculinos: a oferta de formación profesional, datos sobre a representación feminina nos ciclos de FP, profesións masculinizadas, as condicións laborais derivadas dos diferentes ámbitos e sectores profesionais, mulleres referentes en diferentes ámbitos profesionais....

 





 

   Qué che gusta? Qué se che da ben?   Que non te líen, ti elixes!!


Ningunha profesión ten xénero. Fai o que che guste!!

 

luns, 6 de novembro de 2023

PROXECTO TERRA - SEMENTERIA 39 - MINIPAISAXISTAS


O venres 3 de novembro o alumnado de 2º e 3º ESO matriculado na materia de Proxecto

Competencial participaron, xunto coas súas docentes, nun obradoiro promovido polo Proxecto

Terra chamado Sementeiras “Minipaisaxistas”. Este obradoiro foi impartido por Jimena

Varela de Raizame.

Os obxectivos do obradoiro foron:  

  • Promover a comprensión de que os espazos públicos contribúen a calidade de vida da comunidade.

  • Incentivar a participación do alumnado no deseño da contorna.

  • Estimular a creatividade e o pensamento crítico.

  • Desenvolver valores cívicos coma o coidado dos bens comúns.


Despois de coñecer, grazas á exposición por parte de Raizame, para que sirve o espazo público, que características son importantes dende o punto de vista ecolóxico e inclusivo e a importancia da implicación cidadá nos proxectos, o alumnado realizou un análise cualitativo dun espazo preto ao noso centro, concretamente un antigo campo de tiro. Para este análise utilizaron métodos propios da cartografía social: percepción de seguridade, emocións que suxire o lugar, usos actuais, usos desexados... 

Finalmente plasmaron os usos desexados para este espazo,  nun plano deste espazo



Debido a que as dúas horas do obradoiro non foron suficientes para rematar as súas propostas, continuaron traballando na materia do proxecto competencial, xa que a temática desta materia é a paisaxe e o medio ambiente. Algúns dos resultados fóron os seguintes:





xoves, 2 de novembro de 2023

PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS

 

Un ano máis grazas ao convenio asinado entre o Concello de Ferrol e Asfedro, poidemos contar con Rosa, a técnica de prevención desta entidade,  que acodiu ao IES a formar ao  alumnado de 4º ESO dada a importancia que ten a prevención de condutas adictivas nesta etapa de desenvolvemento. 

 

 Nesta ocasión a temática traballada  o 19 de outubro foi  "a prevención  de condutas adictivas no ámbito escolar” e o 2 de novembro “a prevención de xogo patolóxico"