O venres 3 de novembro o alumnado de 2º e 3º ESO matriculado na materia de Proxecto
Competencial participaron, xunto coas súas docentes, nun obradoiro promovido polo Proxecto
Terra chamado Sementeiras “Minipaisaxistas”. Este obradoiro foi impartido por Jimena
Varela de Raizame.
Os obxectivos do obradoiro foron:
Promover a comprensión de que os espazos públicos contribúen a calidade de vida da comunidade.
Incentivar a participación do alumnado no deseño da contorna.
Estimular a creatividade e o pensamento crítico.
Desenvolver valores cívicos coma o coidado dos bens comúns.
Despois de coñecer, grazas á exposición por parte de Raizame, para que sirve o espazo público, que características son importantes dende o punto de vista ecolóxico e inclusivo e a importancia da implicación cidadá nos proxectos, o alumnado realizou un análise cualitativo dun espazo preto ao noso centro, concretamente un antigo campo de tiro. Para este análise utilizaron métodos propios da cartografía social: percepción de seguridade, emocións que suxire o lugar, usos actuais, usos desexados...
Finalmente plasmaron os usos desexados para este espazo, nun plano deste espazo
Debido a que as dúas horas do obradoiro non foron suficientes para rematar as súas propostas, continuaron traballando na materia do proxecto competencial, xa que a temática desta materia é a paisaxe e o medio ambiente. Algúns dos resultados fóron os seguintes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario