Como non podía ser doutra maneira onte fómonos de excursión a Viveiro. Estivemos no parque de aventura Roq Park situado no monte San Roque.
Alí unhos monitores déronnos unhas nocións básicas para poder facer circuitos de diferente nivel de dificultade entre as árbores, e poder disfrutar nas tirolinas. Quén dixo medo?
Tamén fixemos por grupos unhas actividades de orientación.
Aqui vos deixamos algunhas fotos do día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario