O día 27 de marzo, dentro da colaboración coa Asociación de Xóves Empresarios de Ferrolterra, o emprendedor Raúl Lomba contounos a súa experiencia.
Raúl comezou a emprender desde moi novo, con tan só 15 anos, o día en que decidiu mercar a súa primeira cámara. Daquela non era consciente de que o que acababa de adquirir se ía converter na súa primeira ferramenta de traballo.
En 2018 comezou o seu maior proxecto ata a data, ao que bautizou como Waves, unha marca de roupa e complementos que conta cunha tenda física exclusiva para a marca en Ferrol e que, segundo nos desvelou no relato da súa experiencia. , en breve dará o seguinte paso.
Ata o día de hoxe, Raúl contounos como non só se dedicou a seguir adiante coa súa propia firma de roupa, senón tamén como se acometeu a outros sectores como a organización de eventos ou a fotografía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario