luns, 27 de marzo de 2023

VISITA A GADISA COS ALUMNOS DE 4º ESO

  Os alumnos de 4º ESO do IES de Catabois realizaron o pasado día 22 de marzo de 2023 unha visita á sede central de Gadisa en Betanzos. 

   O evento foi organizado polo departamento de Economía co obxectivo de ter coñecemento de primeira man sobre como funciona unha empresa na realidade e en que partes se atopa dividida. A maiores permítelles visualizar como son os traballos que se realizan na realidade tras visitar a parte de administración e de almacén, así como ver a sala de xuntas da empresa. 

   Os alumnos quedaron moi contentos da visita ao ver na práctica o que significa o mercado laboral. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario