luns, 20 de marzo de 2023

Viaxe de Erasmus a Polonia

Continuamos coa participación no Erasmus + “Upcycling: A Project from Bottom to Top”. Do 12 ao 19 de marzo tres alumnos de 4º ESO e unha alumna de 2º ESO viaxaron xunto a dúas docentes a Bierun (Polonia). As minas de sal de Wieliczk, Patrimonio da Humanidade, un trekking pola natureza nun fermoso parque nacional para “fomentar o coidado e respecto de esta”, o campo de concentración de Auschwitz ou Cracovia foron algúns dos lugares que visitaron. Ademáis realizaron talleres de upcycling, actividades deportivas e outras actividades que podemos ver nas seguintes imaxes.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario