Catro alumnas e dúas docentes do IES de Catabois partiron o 9 de
outubro rumbo a Turquía para participar no encontro de diferentes grupos que a
nivel europeo participan no proxecto Erasmus + “Upcycling: A Project Bottom to
Top”. Alí pasaron seis días inolvidables creando obras artísticas a
partir de materiais de refugallo que é o eixo sobre o que xira o proxecto. Ademais tiveron tempo
de empaparse e adentrarse na vida do país facendo camiñatas e deportes na
natureza, por exemplo realizaron un tour pola cidade de Giresun a orillas do
Mar Negro e pola cidade de Ordu;
visitaron o parque natural de Kuzulan, coa súa cascada e o seu lago
azul, os travertinos de Göksu e subiron en teleférico ata Boztepe onde
disfrutaron dunha preciosa paisaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario