Este ano nos propuxemos a creación dunha horta
escolar, parte da idea de crear no centro escolar unha zona de traballo que nos
axude a desenvolver de forma cooperativa todas as actividades que veñen
relacionadas non só coa reciclaxe, a sustentabilidade ambiental e a conciencia ambiental senón tamén como modelo de
emprendimiento de futuro.
A idea é
a construción dunha horta usando materiais reciclados, que sexa ecolóxica e que a
colleita serva para o consumo do alumnado. Este é un proxecto que se levará a cabo de forma cooperativa con todos os departamentos do instituto.
Iniciamos
o noso proxecto cun pequeno espazo dispoñible de aproximadamente 20 metros
cadrados, exterior ao edificio central, pero interior ao recinto do centro.
Este tamaño ten a vantaxe, como horto de inicio, de ter un custo máis baixo na
instalación e mantemento e dá a posibilidade de plantar diversidade de cultivos
hortícola propios da época do ano e autóctonos.
Consideramos que a horta escolar é
unexcelente recurso para posibilitar a un alumnado maioritariamente
urbano,múltiples experiencias acerca da súa contorna natural e rural, entender
as relacións e dependencias que temos con el , e pór en práctica actitudes e
hábitos de coidado e responsabilidade do medio ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario