Na clase de
Lingua Castelá aproveitouse a data do San Valentín para traballar os mitos do
amor romántico. Xerouse un debate moi interesante na aula, no que rapazas e
rapaces participaron activamente. En primeiro lugar desenvolveuse a ficha “O
modelo de amor romántico” e logo pedíuselle ao alumnado que trouxese descargada
a aplicación DetectAmor, creada polo Instituto andaluz da Muller: http://www.juntadeandalucia.es/iamindex.php/coeducacion/app-detectamor
Trátase
dun recurso lúdico para que a xente nova xogue,
se divirta e investigue sobre as relacións de parella e cuestionen a súa idea
do amor, reflexionando sobre posibles actitudes machistas e de violencia de
xénero.
A actividade centrouse no bloque do
test Mitógrafo. O alumnado debía situarse a unha ou outra banda da clase
segundo estivese ou non de acordo con algunhas frases-mito en relación ao amor:
“Busco a media laranxa”, “O amor é para sempre”, “Ten ciumes porque me
quere”... A maioría caía na conta de que se trataba só de mitos, e non de
realidades, pero algún/algunha que outro houbo que convencelo/a e os argumentos
foron ben rotundos.
Sorprende ver que, malia o informados
e concienciados que están os rapaces e rapazas, as estatísticas informen
desgraciadamente dunha perpetuación deses mitos entre a xente máis nova.
Estas son algunhas das diapositivas realizadas polos alumnos en relación a algunha frases-mito:
Estas son algunhas das diapositivas realizadas polos alumnos en relación a algunha frases-mito:
Ningún comentario:
Publicar un comentario