O alumnado do centro participou nun
proxecto chamado Consumópolis que tiña como finalidade a concienciación da conservación do medio ambiente e da
relevancia da reciclaxe. Dábase así continuidade ao impulso de iniciativas
neste sentido nas que xa estabamos inmersos no noso centro, posto que xa se
viña traballando desde diferentes actuacións, tanto lúdicas (Gymkana de Nadal,
onde unha das proba era reciclar axeitadamente) como curriculares (Bioloxía,
Promoción de Estilos de Vida Saudables) ou organizativas (quendas para as
distintas titorías de limpeza do patio con separación dos residuos).
O concurso dividíase en dúas partes:
Primeira fase: concurso virtual. Consistía no percorrido pola cidade virtual de Consumópolis.
Segunda fase: o produto
final. Había que deseñar, elaborar
e presentar un produto sobre o consumo responsable.
O produto realizado polo alumnado
de 1 ESO foi:
Zapatillas Caucho Sport RINAK
Zapatillas Caucho Sport RINAK
" Corre como a túa bici"

Ningún comentario:
Publicar un comentario