xoves, 23 de maio de 2019

A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA

Dentro do Proxecto Quérote +  traballouse dende a materia de inglés:
 “ A relación dos sexos a través da tecnoloxía” mediante un cuestionario e a visualización de vídeos.

Este foi o cuestionario e estas as repostas máis relevantes entre o alumnado de 3º ESO

1.-Do you use whatsapp? What’s your opinion about it?

Todos os alumnos/-as usan o whatsapp e consideran que é útil, fácil de usar e rápido para 
comunicarte cos amigos e a familia.

2.-What do you use it for?

3.-Do you share photographs through wahtsapp or any other social network?

2 e 3.-Todos o usan para falar cos amigos e a algúns tamén coa familia. Principalmente
 falan pero tamén comparten fotos ou videos.

4.-How do you control who gets the photos?

Todos din compartir as fotos e vídeos só con amigos pero máis da metade dos enquistados
ou non contestan ou admiten non saber que pode pasar con estos materiais. Dous alumnos 
recoñecen abertamente que non teñen control sobre os materiais enviados e outros dous 
(un rapaz e unha rapaza) din que só llelos envían á xente adecuada (seleccionada por eles).
 Dúas alumnas manifestan seleccionar que materiais envían.

5.-Would you like if they were shared with people you don’t know?

6.-How woud you feel?

5 e 6.-A maior parte dos estudantes manifestan que non lles gustaría que as fotos ou vídeos 
chegaran a xente que eles non coñecen. Algúns din que se sentirían avergonzados se outra
 xente tivera acceso a eles e outros comentan que se enfadarían ou se sentirían traicionados.

7.-And what if they were intimate photos?

O sentimento de enfado, traición e vergonza é peor cando falamos de fotos íntimas, aínda 
que cabe destacar que a maior parte dos que contestan a esta pregunta indican que nunca
enviarían este tipo de fotos ou vídeos.

8.-How do you think we can make people more responsible towards this?
A maior parte dos estudantes non contestaron a esta pregunta ou din que non saben como 
facer que a xente sexa máis responsable con respecto a isto. Unha alumna suxire que se 
debería amosar aos estudantes casos reais onde isto ten sucedido e outro menciona que 
se debe facer fincapé sobre o perigos que é intercambiar fotos íntimas.

9.-Would you ask your boyfriend/girlfriend to give you his/her nicks or passwords?

10.-Would you like to give your boyfriend/girlfriend your nicks or passwords?

Todos os alumnos e alumnas coinciden en que nunca lle pedirían o nick ou contrasinal á 
súa parella porque pensan que todos temos dereito á nosa intimidade e privacidade.

Ademais creáronse diapositivas como esta en relación ao tema.




Ningún comentario:

Publicar un comentario