luns, 3 de xuño de 2019

EXPOSICIÓN E OBRADOIRO CARTAS DE AMOR


  

     Do 30 maio ao 19 de xuño: teremos no IES unha exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas de fama como: Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala o Javier Olivares, sobre a violencia de xénero e a mocidade, denominada “Cartas de amor”.  

    Esta exposición pretende sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nas súas maneiras de relacionarse, axudar a detectala, e polo tanto a eliminala.


    Cos grupos de 2º ESO fíxose un obradoiro práctico explicativo da mostra a cargo da educadora social Laura Vilavoy. As rapazas e os rapaces dividíronse en grupos, e cada grupo tiña que analizar tres paneis para despois a través dun portavoz, comentar o que lles suxería os aos seus compañeiros e compañeiras.


     O resto de grupos da ESO tamén visitaron a exposición nas horas de titoría. 













Ningún comentario:

Publicar un comentario