martes, 4 de xuño de 2019

NOVA VIDA PARA O USADO " VENTILADOR USB"


Seguindo co concurso de  Consumópolis o alumnado de 3 ESO elaborou un ventilador USB. Esta idea xurdiu debido ás altas temperaturas que había na aula de informática cando todos os ordenadores estaban encendidos, desta forma aproveitan a enerxía da computadora para facer funcionar o ventilador.


 
“Non consumas sen sentido. Refréscate co teu equipo”

O ventilador USB foi fabricado enteiramente con materiais reciclados; a base e a hélice foron de cartón obtido dunhas caixas que xa non se utilizan. O soporte dun rolo de papel de aluminio xa gastado. O cable USB foi dun rato de computador que xa non funciona e o motor é dun xoguete co que xa non se usa. Todo isto pintado en cor prata e negro. Os materiais que non tiñamos no centro, como cable USB, soporte do rolo e motor dun xoguete, foron achegados polas familias. O resto xa o tiñamos no centro: cartón, pinturas acrílicas en aerosol (cores negro e prata), silicona, cúter, tesoiras, compás, pistola de silicona.





Tamén elaborouse unha etiqueta enerxética indicando o seu consumo e as súas características.



Ningún comentario:

Publicar un comentario