No concurso de Consumópolis tamén participou o alumnado de 4º ESO, decantáronse pola construcción dun forno solar. Tres foron as razóns que convenceron:
- Estar moi implicados na loita contra o cambio climático e sentir un gran interese polas enerxías renovables.
- Desexar traballar con materiais fáciles de conseguir.
- Querer crear un obxecto que se poida utilizar inmediatamente e en situación cotiás.Para elaborar o forno empregáronse materiais que se podían conseguir con relativa facilidade: caixas de cartón. O vidro reciclado foi o material máis difícil de atopar, pero grazas a unha nai conseguímolo dunha mampara vella, sobre todo porque se precisaba cortalo para adaptalo ás dimensións do produto final. Outros materiais: goma eva de cor negra que se atopaba no centro, papel de aluminio para forrar o interior da caixa que trouxeron os alumnos da súas casas, cartolina que se atopa no centro, papel de xornal para encher os laterais -as familias non tiveron problemas en colaborar connosco xa que eles mesmos os ían gardando para reciclar-; e, por último cola branca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario