luns, 15 de abril de 2024

ROTEIROS CAL- EPISTOLARIO SOBRE PICASSO

 Na materia de Lingua Castelá e Lingua Galega, guiouse ao alumnado na consulta da base de datos do epistolario do Consello da Cultura Galega para atopar cartas nas que escritores contemporáneos a Picasso mencióneno a él e a súa obra (Luís Seoane, Lorenzo Varela, Eduardo Blanco Amor, Xosé Otero Espasandín…), co fin de recompilar as citas máis interesantes e situalas no lugar e tempo indicado nas epístolas (por exemplo, Luís Seoane cita a Picasso en cartas escritas desde París, Neira Vilas cítao desde Buenos Aires…).

Así mesmo, realizaron lecturas na Hora de Ler que nos aproximaron á figura de María Casares, actriz contemporánea de Picasso que, como el, moveuse entre Coruña e París e frecuentou os mesmos círculos intelectuais que el. Isto axudaranos a achegarnos a xéneros próximos á literatura, como o cinema e o teatro.









Ningún comentario:

Publicar un comentario