luns, 12 de febreiro de 2024

Andaina solidaria a cociña económica de Ferrol polo día da Paz

 

Para celebrar o día da Paz e a Non Violencia, o IES de Catabois e o CEIP San Xoán de Filgueira realizaron unha Andaina Solidaria e Recollida de Alimentos para a Cociña Económica de Ferrol. 

Do IES de Catabois asistiron á andaina solidaria o alumnado de 1º ESO e 2º ESO. Saíron camiñando desde o IES de Catabois ata a Cociña Económica de Ferrol para levar os alimentos que nos días previos se recolleron en ambos centros grazas á aportación de toda a comunidade educativa. 

Aquí podemos ver unhas imaxes da xornada



   




     





Ningún comentario:

Publicar un comentario