martes, 5 de xullo de 2016

COMES DE TODO?





Sen dúbida, ante o tema da alimentación todos os colaboradores do Aliméntate ben quixeron facer. E aí tedes a unidade didáctica que resultou do traballo común. 





A Victoria Diehl, serviulle para debater sobre a alimentación e a obesidade en países desenvolvidos e sobre os cultivos tranxénicos desde o ámbito sociolingüístico do PMAR. 








Eduardo Golpe, empregouna como material de currículo na materio de  1º ESO Promoción de Estilos de Vida Saúdable.


Emilia Saavedra, traballouna na materia de Valores éticosde 1º e 2º da ESO. Concienciando a rapazada do importante que é unha dieta equilibrada para evitar futuros transtornos alimentarios.


A partir dela, Laura Fernández amosoulles diferentes dietas segundo os países e os menús adaptados a nenos e nenas con necesidades nutricionais específicas. 









Mónica García, empregouna nas sesións de titoría con 3º da ESO insistindo no tema nutricional, na importancia de almorzar ben para afrontar as mañás no instituto e as tardes cheas de actividades. 


Pilar Rodríguez, traballou desde o léxico con 1º e 2º  ESO na elaboración de receitas, interpretación de refráns, lectura de poemas onde aparecen os alimentos. 
Margarita Santos preferiu centrarse co 4º na investigación sobre a caducidade dos alimentos, a diferenza entre caducidade e consumo preferente...





Ana Álvarez co seu alumnado de 3º PMAR traballou os nutrientes nos diferentes alimentos no no Ámbito Científico. 





Consuelo Villar, no ámbito científico de 4º PDC traballou os números da alimentación: as achegas calóricas, a cantidade de calorías que deben ter as dietas equilibrada






Henrique Dacosta fixo unha exaltación da dieta mediterránea en 4º A. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario