martes, 5 de xullo de 2016

MOVÉMONOS TAMÉN POR ZAMORA

O noso lema é "Móvete polo Catabois. Bule!", pero fíxosenos pequeno e argallamos algo máis: unha semana no Centro de Educación Ambiental de Villardeciervos, Zamora.
Preparamos con toda a ilusión o proxecto de "Hermanando entornos", co que traballamos desde distintas áreas cuestións relacionadas coa conservación do medio e, finalmente, obtivemos o premio esperado: un grupo de 23 alumnos e alumnas de 3º e 4º puido disfrutar dunha semana de estadía nese CEAm practicando todo tipo de actividades, pero, fundamentalmente, actividades de orientación conxugadas con roteiros por espazos naturais e monumentais moi fermosos.










Foi unha experiencia moi positiva que queremos agradecer a todos aqueles que participaron na elaboración e execución do proxecto e, principalmente, aos docentes acompañantes, Mónica García e Alberto Casal. Aquí tedes o diario da viaxe para que non esquezades todo o que deu de si esta fantástica semana:



LUNS 25
MARTES 26
M
A
Ñ
Á
8:45- Saída do IES de Catabois cara a Zamora
11:30- Primeira parada da Viaxe: Vega de Valcarcel
14:00- Chegada ao CEAm de Villardeciervos
14:30- Xantar; configúranse as mesas e asígnase a un encargado por mesa, que irá cambiando a cada comida. Deberá recoller a comida do mostrador, servila aos compañeiros/as de mesa e recoller o menaxe ao remate
8:00- Soa a musica de despertar e comeza o traxín de duchas, vestimenta e ventilación das habitacións
8:45- Almorzo
9:30- Aseo e preparación da mochila para a actividade dese día
10:00- Actividade: subimos á Pena do Castro. Fanse paradas para explicacións, cubrir o cuaderniño, tomar unha froita, etc
14:00- Regreso ao CEAm; aseo
14:30- xantar e descanso
T
A
R
D
E
16:00- Xuntanzas co alumnado e profesorado, en salas diferentes. Lectura e explicación polo miúdo das normas de funcionamento e estancia
17:00- Visita guiada por Villardeciervos, recollendo información nun cuaderniño de actividades (xincana)
20:00-21:00- Tempo libre e entrega/recollida de móbiles
21:00- Cea
22:15- Actividade: Relevos de mímica, con palabras en inglés
23:30- Descanso nouturno
16:00 a 19:30- Actividade: pequeño percorrido polo entorno con explicacións medioambentais; chegada ao río e análise de auga do río
20:00-21:00- Tempo libre e entrega/recollida de móbiles
21:00- Cea
22:15- Actividade: Paseo nouturno polos arredores, escoitando a natureza, visualizando estrelas e contando historias nas tebras.
23:30- Descanso nouturno


MÉRCORES 27
XOVES 28
M
A
Ñ
Á
8:00- Soa a musica de despertar e comeza o traxín de duchas, vestimenta e ventilación das habitacións
8:45- Almorzo
9:30- Aseo e preparación da mochila para a actividade dese día
10:00- Actividade: imos aos Arribes do Douro; 90' de viaxe en autobús, chegada ao inicio da ruta e explicación da fauna e flora autóctona, con observación con telescopio dos cantís. Realización da ruta pola beira do río.
14:30- Finalización da ruta; xantar e descanso
8:00- Soa a musica de despertar e comeza o traxín de duchas, vestimenta e ventilación das habitacións
8:45- Almorzo
9:30- Aseo e preparación da mochila para a actividade dese día
10:00- Actividade: imos á Lagoa de Sanabria; 60' de viaxe en autobús, chegada á Casa do Parque, con visita guiada. Desprazamento á Lagoa e realización da ruta pola beira do río.
14:30- Finalización da ruta; xantar e descanso
T
A
R
D
E
17:00 a 18:30- Actividade: Visita a obradoiro de cerámica, observando como é a fabricación de obxectos de arxila; actividade de caderniño de viaxe, completandoo con diferentes aspectos vistos na viaxe. Regreso ao CEAm
20:00-21:00- Tempo libre e entrega/recollida de móbiles
21:00- Cea
22:15- Actividade: Cine con mensaxe ambental; interrumpido para recadar información sobre unha incidencia con unha alumna (recibíu unha broma de moi mal gusto); apareceron as culpables de xeito inmediato. Aproveitase para facer unha reflexión colectiva sobre a convivencia.
23:30- Descanso nouturno
16:00 a 18:00- Actividade: Visita a Ribadelago e Puebla de Sanabria; visita guiada e tempo libre. Regreso ao CEAm
20:00-21:00- Tempo libre e entrega/recollida de móbiles
21:00- Cea
22:15- Actividade: Presentación por parte de cada centro; logo, tempo para a participación e improvisación artística: baile moderno, bailes de salón, contacontos e rap por parte dos nosos alumnos de 4º.
23:30- Descanso nocturno


VENRES 29

M
A
Ñ
Á
8:00- Soa a musica de despertar e comeza o traxín de duchas, vestimenta e ventilación das habitacións
8:45- Almorzo
9:30- Aseo e preparación da equipaxe
10:00- Actividade: proxectos de cada centro; Albacete: elaboración de diario-blog da experiencia; Ferrol: obradoiro de enredos da natureza. Descanso e paseo por Villareciervos, facendo as últimas compras de recordos.
13:45- Xantar, recollendo a equipaxe e revisando as habitacións
T
A
R
D
E
15:00- Despedida e saída no autobús; viaxe de volta
20:00- Chegada ao IES de Catabois


Tamén tivemos ocasión de dar a coñecer aos nosos compañeiros e compañeiros do IES Doctor Alarcón Santón de La Roda, Albacete, a nosa contorna. A experiencia foi inesquecible.


Ningún comentario:

Publicar un comentario