luns, 4 de xullo de 2016

CONCURSO DE LOGOS PARA OS PLANS PROXECTA

I CONCURSO LOGOS PROXECTA 2015 – 2016
No curso 15 – 16 o IES de Catabois presentou tres Plan Proxecta:
  • Aliméntate ben (“Come ben. Síntete ben”)
  • Proxecto Deportivo de Centro (“Móvete polo Catabois. Bule!”)
  • Quérote+ (“Coñecémonos, querémonos”)
Agora propoñemos que ti formes parte tamén deste proxecto. Pensa que os logos deben estar relacionados co tema do título e co noso centro. Os logos seleccionados irán nas portadas e encabezamentos de toda a documentación relacionada cos Plans a partir de agora.
Podes presentar un só logo, dous ou os tres. Teñen cadanseu cadro correspondente.
Tes de prazo desde o luns día 16 de maio ata o venres 3 de xuño.
O xurado que votará estará composto polos 12 membros da Xunta de delegadas e delegados e 12 persoas máis entre profesorado, persoal non docente e membros da ANPA.
Suxerímosche facer primeiro os modelos noutra folla e logo pegalos ou pasalos a esta, onde os presentarás.
Non esquezas cubrir os teus datos. Serán secretos á hora das votacións.

ÁNIMATE A PARTICIPAR

Ningún comentario:

Publicar un comentario