luns, 4 de xullo de 2016

O TRADICIONAL TAMÉN NOS MOVE.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2016
XORNADAS DE XOGOS POPULARES NO IES DE CATABOIS

DEPARTAMENTOS: LINGUA E LITERATURA GALEGA E EDUCACIÓN FÍSICA

TÍTULO: MOVÉMONOS COS XOGOS POPULARES

XUSTIFICACIÓN:

No noso instituto e na nosa contorna,observamos que o xogo tradicional non se atopa recoñecido socialmente, véndose relegado habitualmente a un segundo plano. O xogo tradicional (agás algunhas excepcións) perdeu presenza nomeadamente entre a mocidade, centrándose a súa práctica entre as “persoas maiores”, ou ben en programas culturais que os protexen.
Co gallo da Semana das Letras quixemos que o noso alumnado coñecese unha parte importante da súa cultura participando nos xogos populares. Na actualidade o influxo da televisión, os videoxogos, o ritmo de vida a relación co medio ... impiden que os discentes coñezan algún dos xogos populares ós que xogabamos nós e os nosos país / nais.
Coordinan a actividade Alberto Casal profesor de Educación Física e mais Iolanda Sánchez Méndez, profesora de Lingua e Literatura Galega, membro do EDLG e secretaria do instituto.

OBXECTIVOS:
  • Realizar actividade física á vez que lúdica.
  • Coñecer a riqueza da nosa cultura.
  • Coñecer e respectar as normas establecidas.
  • Favorecer a participación activa e dinámica nas actividades en grupo.
  • Utilizar o xogo e os distintos códigos expresivos e representativos.
  • Utilizar e reproducir textos da tradición popular: rimas, cancións... que acompañan aos xogos populares.
  • Empregar o corpo de xeito global para explorar obxectos e espazos.
  • Iniciar o recoñecemento do seu propio espazo para non inferir nos movementos dos outros/as e co fin de organizar os seus propios movementos para xogar e crear en grupo e en espazos compartidos.
  • Aceptar as pequenas frustacións e manifestar unha actitude tendente a superar as dificultades que se presentan.

TEMPORIZACIÓN:

Para a súa preparación: tres reunións entre os coordinadores da actividade e o alumnado axudante para elaborar os carnés de participación, o cartel anunciador, mercar o material deportivo como agasallo do concurso…
Para a súa realización: Os dous recreos dos días dezanove e vinte de maio.

METODOLOXÍA:
  • Exposición das regras dos xogos e do concurso.
  • Creación dos carnés de control de participación.
  • Creación de ambientes de aprendizaxe cos xogos populares onde participan tanto de xeito colectivo (por clase) como individual.

AVALIACIÓN:

A avaliación do alumando vén dada pola entrega de premios aos máis participativos, tanto na categoría Aula (3º PMAR) como ás categorías individuais (as dúas alumnas máis participativas e os dous alumnos máis participativos)
Estándares avaliables:
  • Participa en todos os xogos.
  • Respecta as regras e as quendas de xogo.
  • Favorece e anima á participación aos compañeiros e compañeiras.
  • Valora as diferenzas e características dos demais.
  • Acepta as pequenas frustracións con deportividade ante o feito de non quedar en primeiro lugar.


A autoavaliación da actividade vén dada polo alto nivel de participación do alumnado, tanto á hora de preparar todo o material, como á hora da participación nos xogos. 

Queredes ver os protagonistas? 
















E AS GAÑADORAS E GAÑADORES DAS XORNADAS DE XOGOS TRADICIONAIS FORON: 
  • CLASE MÁIS PARTICIPATIVA: 3º PMAR
  • ALUMNAS MÁIS PARTICIPATIVAS: Nerea e Bibiana.
  • ALUMNOS MÁIS PARTICIPATIVOS: Daniel do Rego e Joerge Teiga. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario