martes, 5 de xullo de 2016

PROPIEDADES DAS FROITAS

O alumnado de 4º PDC, xunto co seu profesor Henrique Dacosta, traballou por parellas o tema das propiedades das froitas. Algún quedou sorprendido ao aprender que os pexegos son bos contra o acne xuvenil. Queredes saber máis cousas? Lede con atención: 

                                                    Pexego

Propiedades :
·      Grande riqueza en carotenos que lle dá a coloración amarela
-proiedades antitumorais especialmente na protección do cancro de estómago.
-propiedades antioxidantes : protección das arterias, boa saúde na visión, bo estado da pel ,dos dentes ou das enxivas
-Carencia de carotenos: cegueira nocturna, secura na pel, acne xuvenil, facilidade para as infeccións, propesion a úlceras.

·      Abundante en carotenos, vitamina C e selenio, por iso é un bo antioxidante.

No outono, unha das froitas mais destacadas desta bela estación do ano son as mandarinas , que posuen propiedades e beneficiois ideais para  esta época.
En realidade, é un dos momentos nos que se pode gozar de máis que nunca as propiedades da maioría das mandarinas, tan rica en vitamina C pasa a ser unha opción saudable contra gripes e arrefriados.

Contén pouco azucre, e, sobre todo , principal compoñente é a auga. 
É unha boa alternativa para substituír o fluído e minerais tras unha actividade 
física , grazas á cantidade de vitamina C, potasio, os carotenoides e outros 
nutrientes que ten.

É realmente unha boa fonte natural de fibras, como ben sabemos, esencial para combater o constipado. É indicado en persoas obesas e en dietas de adelgazamento, grazas ao seu efecto saciante .

Contén unha gran cantidade de carotenoides, de xeito que a actividade antioxidante dos fitoquímicos con (vitamina C), proporciona realmente excelentes propiedades fisiolóxicas.

Como referín a principios desta nota, grazas ao seu alto contido de potasio e pobres en sodio é ideal para persoas con hipertensión e con problemas de corazón en xeral.



Unha  cunca (100g) de amorodos contén aproximadamente 34,5 calorías e é unha excelente fonte de vitamina C e vitamina P ou bioflavonoides.

COMPOSICIÓN POR CADA 100 g COMESTIBLE:

-         Calorías 34,5
-         Auga 85%
-         Hidratos de carbono (g) 7
-         Fibra (g) 2,2
-         Potasio (mg) 150
-         Magnesio (mg) 13
-         Calcio (mg) 30
-         Vitamina C (mg) 60
-         Folatos (mg) 62
-         Vitamina E (mg) 0,2







Ningún comentario:

Publicar un comentario