Penso que o dereito ao voto da muller debería terse recoñecido moito antes.
A primeira vez que votaron as mulleres sen ningún tipo de restrición foi no ano
1893, en Nova Zelandia, grazas á loita de Kate Sheppard.
Moitos homes e mulleres nos séculos pasados, crían que as mulleres estaban
incapacitadas para votar porque non tiñan cultura e deixábanse influenciar con
facilidade. Pero tamén sucedía isto cos homes, pois os que accedían ás
universidades eran una minoría. Pero eles si podían votar.
O dereito ao voto ou sufraxio foi evoluíndo ao longo da Historia. Existe o
sufraxio activo, que consiste en determinar quen ten dereito a votar, e o
sufraxio pasivo, que determina quen e en que condicións ten dereito a ser
elixido.
Tamén é importante diferenciar entre sufraxio igual e sufraxio universal.
No igual, hai algún tipo de restrición, como a raza. Por exemplo, en Sudáfrica
podían votar homes e mulleres brancos, pero non os doutras razas. O sufraxio
universal, en cambio, é o dereito ao voto sen ningunha restrición de raza,
condición económica,… pero ata o século XX, existiu o sufraxio universal
masculino.
As mulleres que loitaron por conseguir o voto da muller chamáronse
sufraxistas, pero este movemento dividiuse en sufraxistas e sufraggettes. A
diferenza entre elas estaba nos métodos que aplicaban para a súa loita, mais
que nos obxectivos que desexaban acadar.
As sufraxistas eran prudentes, querían avanzar pouco a pouco, reivindicando
con métodos legais, tratando de convencer, non de impoñer. As suffragettes
utilizaban métodos máis enérxicos: manifestacións, folgas de fame,…..
En España, no ano 1931, tres mulleres foron elixidas deputadas nas Cortes
Constituíntes da Segunda República: Margarita Nelken(Partido Socialista
Obreiro), Clara Campoamor (Partido Republicano Radical) e Victoria Kent
(Partido Republicano Socialista). As dúas últimas, protagonizaron un famoso
debate sobre a conveniencia ou non de conceder o voto á muller.
Victoria Kent opoñíase , pois consideraba que a muller española carecía da
suficiente preparación social e política e , polo tanto, estaría moi
influenciada pola Igrexa, co que favorecerían aos partidos de dereitas. Sen
embargo, Clara Campoamor, defendía que si debían votar porque non podían ser
inferiores aos homes .
Gañou a postura de Clara Campoamor e as mulleres votaron por primeira vez
en España nas eleccións xerais de 1933, mais estas tres mulleres non resultaron
elixidas.
Penso que o dereito ao voto axudou
a que a muller se sentise unha parte
esencial da sociedade e se interesase cada vez máis por ter o mesmo tipo de
educación que os homes.
Fontes:
-https: // www.
Diagonalperiodico.net/20789 Ochenta años del voto femenino en España.
-https: // www.elmundo.es. La aventura de la Historia.
Sufragistas:sufraggettes, la lucha por el voto femenino.
-https: //es.wikipedia.org/wiki/sufragio femenino.
-https: // es.scribd.com/doc/50157208/tipos de sufragio.
Sandra Cepero García
Ningún comentario:
Publicar un comentario