A SIDA EN
EUROPA
Este
traballo foi realizado polos nosos alumnos en colaboración cos compañeiros
europeos de Polonia e Rumanía, cos que mantiveron contacto por correo
electrónico. Queremos agradecer a todos eles e mais ás súas profesoras
o esforzo e o espírito de colaboración.
Rumanía:
Dende 1985, en Romania foron diagnosticados 20.146 casos
de SIDA, dos cales case a metade eran nenos menores de 14 anos non momento do
diagnóstico.
A data de 31 de decembro de 2014, 12.866 persoas padecen
SIDA en Rumanía, e meirande parte deles (57%) son homes, 45% están no grupo de
idade entre 25 e 29 anos e 208 (menos do 2%) son menores de 14 anos.
A incidencia de SIDA en adultos mantívose estable dende
2010, e 2 de 3 casos eran homes (72%). Do total, o 41% dos casos pertencían ao
grupo de idade entre 25 e 34 anos, e o 21 % no de 15 a 24 anos. Dentro destas
cifras, foron diagnosticados 13 casos de nenos menores de 4 anos e o 7%
tratábase de persoas por riba de 50 anos.
Coma en anos
precedentes, en 2014 a principal cia de transmisión foi o contacto heterosexual
sen protección (59% dos novos casos), seguido do uso de drogas inxectadas (21%)
e o contacto homosexual sen protección (16%).
No tocante á aceptación social, a discriminación existe
en Rumanía ao igual ca no resto do mundo.
A sociedade discrimina as persoas contaxiadas de SIDA a pesar dos
avances da ciencia en prol do tratamento e da prevención de contaxios.
En Rumanía, a sociedade é consciente de que a SIDA é un
perigo real e existen moitas campañas informativas sobre todos os aspectos da
SIDA, incluídas as campañas que relacionan SIDA e drogadiccións.
Polonia:
En Polonia existe un rexistro de enfermos de SIDA dende
1985. Dende tal ano ata 2015 téñense rexistrado 20.000 casos; no momento
presente, calcúlase en 3.300 persoas enfermas, sendo
1322 o número de persoas falecidas a causa do virus.
O
número de casos de SIDA aumenta nun 13 % cada ano e as porcentaxes de poboación
afectada nos tres últimos anos son as seguintes: os homes representan algo máis
do 80% (en 2013 -87%, en 2014 – 84%, en 2015 – 85%). As mulleres só o 15 –
20% (en 2013 – 13%, en 2014 – 16%, en
2015 – 15%). Os nenos son menos do 2%
(en 2013 – 1,7%, en 2014 – 1,1%, en 2015 – 1,8%). Os anciáns sobre o 1% (en 2013 – 0, en 2014 – 1,3%, in 2015 – 1,7%).
Idade
|
Porcentaxe
de enfermos en Polonia
|
0 – 20
|
7 %
|
21- 49
|
84 %
|
Maiores de 50
|
9 %
|
A mediados dos anos 80 a sociedade polaca
rexeitaba fortemente a SIDA por temor, crían que o virus era moi facilmente
transmisible e botaban aos enfermos fóra da casa. Trinta anos despois, podemos
observar un aumento da tolerancia cara os enfermos de SIDA. Sen embargo, a
sociedade permanece dividida en dous grupos: un deles pretende axudar os
enfermos mellorando a súa calidade de vida; e outro, evita o contacto con eles.
Para visibilizar o problema, celebramos o Día
Mundial da SIDA o 1 de decembro, ao igual ca no resto de Europa. Existen tamén
diferentes campañas para concienciar da SIDA e xuntanzas con persoas enfermas
para reducir o rexeitamento por parte da xente sa. Non obstante, o prexuízo
cara o enfermo de SIDA permanece en Polonia eresulta triste ter que admitir que
son precisas residencias para enfermos que foron rexeitados polas súas propias
familias.
España:
Os datos do Ministerio de Sanidade amosan un
repunte do número de análises positivoade VIH en España: en 2014, fuoron 3.366
os novos diagnosticados, case dez cada día.
La cifra é incompleta porque algunhas comunidades
notifican casos con retraso —en 2012 o dato inicial aumentou en 400 afectados
máis—, pero se se compara coas estatísticas ofrecidas o ano pasado por estas
mesmas datas, cando se contabilizaron 3.278 novos positivos, o crecemento roza
o 3%. Unha vez estén todos, o Ministerio de Sanidade estima que a taxa se
situará en 9,34 casos por cada 100.000 habitantes. As campañas por unha
sexualidad responsable no lograron frear a expansión do virus en España, que
permanece estable por riba dos 3.000 novos casos anuais dende 2008.
A vía sexual é o principal modo de
transmisión de VIH chegando ao 80%.
Baixan un punto os afectados por drogas inxectadas, que son o 3,4% do
total.
O ministerio destaca a importante
caída da mortalidade na última década, pois entre 2003 e 2013 a cifra de
falecidos baixou un 54%. Sen
embargo, moitos aínda descoñecen que teñen o virus: en España hai entre 130.000
e 160.000 persoas con VIH, das que entre o 25 e o 30% non están diagnosticadas.
RÉCORD
DE CONTAxIOS EN EUROPA
Europa
rexistrou o ano pasado máis de 142.000 casos de contaxio polo virus de
inmunodeficiencia humana (VIH), cifra que supón un récord anual, segundo a
Oficina rexional da Organización Mundial da Saúde (OMS). O aumento dos
casos no leste do continente impulsou este avance. Nesta zona duplicáronse os
diagnósticos de VIH na última década, segundo consta nun informe elaborado por
OMS Europa e o Centro europeo de prevención e control de enfermidades (ECDC). "A
pesar de todos os esforzos para combater o VIH este ano a rexión europea
superou as 142.000 infeccións, o meirande número rexistrado nunca. É unha
preocupación seria", declarou nun comunicado a directora de OMS Europa,
Zsuzsanna Jakab.
Ningún comentario:
Publicar un comentario