domingo, 3 de xullo de 2016

BOAS PRÁCTICAS EN RELACIÓNS DE PARELLA

Nas sesións de titoría de 3º ESO PMAR, Ana Álvarez levou a termo as seguintes actividades centradas nas relacións de parella, nas redes sociais e nos sinais de alerta previos ao maltrato.

OBXECTIVOS:

  • Reflexionar sobre os roles masculino e feminino nas relacións de parella, tanto no cara a cara como nas redes sociais.
  • Espertar o interese por distinguir actitudes problemáticas cara ás relacións de parella.
  • Expresar as opinións propias e respectar as alleas.
  • Extraer conclusións proveitosas para a vida cotiá como a necesidade dunhas relacións saudables entre os mozos e as mozas, contextualizándoas especialmente en relación coa prevención do maltrato.
METODOLOXÍA:

  • Visualización de páxinas web e vídeos sobre relacións problemáticas e alternativas.
  • Trabajo grupal de lectura e posta en común de ideas a través do debate en clase
TEMPORALIZACIÓN: TRES SESIÓNS:

  • 1ª sesión: lectura e comentario oral dos artigos de páxinas web achegados pola titora sobre prevención do maltrato e boas prácticas nas redes sociais.
O DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS
1.    Todo o que fas na vida real  na vida virtual, ten e vai ter consecuencias: “Mostra o teu sentido común”.
2.    Se sofres acoso na rede, non silencies o problema, pide axuda a tempo, ¡hai solución!
3.    Denuncia e rexeita os contidos machistas na rede.
4.    Comunícate na rede como “persoa”, sen estereotipos machistas.
5.    Nas túas relacións non te EN-REDES. As cuestións sentimentais resólvense mellor en persoa.
6.    Ten en conta que o que publicas na rede, quédase na rede: “Coida a túa imaxe ”.
7.    Distingue sempre o virtual do real: “Mellor o cara a cara”.
8.    Non fagas nunca en Internet o que non farías na vida real.
9.    Sé crítico cos modelos de masculinidade e feminidade que hai na rede: “Crea Igualdade”.
10. Rede social non é rede real: “Analiza todo dende unha perspectiva crítica”.


Vimos esta entrada do blog co vídeo, sobre o afán de control a través do uso das redes sociais.



O vídeo foi moi útil porque lles impactou e deu lugar a discusións sobre cuestións importantes.

Navegamos pola páxina da asociación: “Non máis violencia dexénero. José Antonio Burriel” .
Quince actitudes que poden axudar á  muller para entender que está sendo obxecto de maltrato, de violencia de xénero.


  • 2ª Sesión: Debate, posta en común e conclusións.
Oídas as opinións dalgún alumno á lectura de artigos e á vista de vídeos na primeira sesión, lemos nun enlace unha selección de frases típicas que cuestionan se vivimos nunha sociedade machista.

1.- EU NON SON MACHISTA NIN FEMINISTA. EU CREO NA IGUALDADE

“O contrario de machismo non é feminismo, se alguén quere posicionarse a favor da igualdade debe declararse feminista”, asevera Máriam Martínez-Bascuñán, doctora de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid. Defende que o feminismo non é un movemento que traballa con categorías de superioridade ou inferioridade, senón que “trata de saír dese lodazal para lograr o seu obxectivo, que é unha sociedade emancipada e libre de discriminación”.
A Real Academia Española —unha institución bastante criticada, por certo, polo movemento feminista— aproxímase ao concepto defendido pola profesora á hora de definir estas dúas palabras:
  • Machismo: “Actitude de prepotencia dos homes  respecto das mulleres”. (Prepotente, segundo a mesma institución é aquela persoa que “é máis poderoso ca outros, ou  moi poderoso” e “que abusa do seu poder ou fai alarde del”).
  • Feminismo: “Ideoloxía que defende que as mulleres deben ter os mesmos dereitos cós homes”.
O movemento feminista, polo tanto, non é un movemento “anti-homes”, como pensan algúns. Nin tampouco é “o mesmo que o machismo pero ao revés”, como din outros.


2.- ¡OS HOMES TAMÉN SOFREN VIOLENCIA!, POR QUE NON ESTÁN INCLUÍDOS NA LEI DE VIOLENCIA DE XÉNERO?

“é un erro moi frecuente que dá conta dun profundo descoñecemento da realidade da violencia de xénero”, explica Martínez-Bascuñán. “É a manifestación máis brutal da desigualdade de xénero que articula a nosa orde social. A violencia de xénero é un tipo de violencia que se exerce contra as mulleres sistematicamente só polo feito de ser mulleres”, resolve.


3.- E QUE HAI DAS DENUNCIAS FALSAS?

A fiscal de Sala delegada de Violencia contra a Muller, Pilar Martín Nájera, declarou nunha entrevista ao periódico El Mundo en novembro de 2015 que a crítica sobre as denuncias falsas de malos tratos por parte das mulleres “non é certa”. “Entre 2009 e 2014, das 783.826 denuncias presentadas, só houbo 49 condenas por denuncia falsa”, lembrou. Que llo graven a fogo os que defenden esta frase: só un 0,006% das denuncias presentadas son falsas.
Ao presentar unha denuncia por violencia de xénero, a muller pasa por un duro proceso no que é valorada por un psicólogo e preguntada por pormenores da súa vida íntima. “Unha gran porcentaxe das mulleres que morreron por violencia de xénero non denunciaron”, lembra Tània Verge, doutora en Ciencia Política. Un dos motivos para non denunciar, sostén, é “o pouco amparo xudicial que se dá a estas mulleres”.


4.- NOSOUTROS SOMOS OS QUE TEMOS QUE LEVAR OS CARTOS A CASA,  E ISO PREXUDÍCANOS

“Existe unha autonomía e unha dependencia económica, e esas situacións son caldo de cultivo do consentimento de moitas situacións de maltrato”, lembra Martínez-Bascuñán. unha sociedade ben ordenada, libre de discriminación de xénero “debe velar por garantir a autonomía e a autodeterminación de todos os seus individuos”. Asegura que, un dos instrumentos clave para lograr ese fin “é a independencia económica”.


5.- AS CHICAS TAMÉN TEÑEN PRIVILEXIOS, COMO ENTRAR DE BALDE  NUNHA  DISCOTECA

Esta frase é o recoñecemento puro de que se asume que a muller é un obxecto decorativo, e ademais se lle considera un privilexio… Non hai nada máis machista que a obxectivación”, lembra Martínez-Bascuñán. “Cando deixas de ver persoas, instrumentalízaas e xa non hai suxeito, senón obxecto”. O feito de que as mulleres entren de balde en certos establecementos e os homes non, non é un privilexio, “é unha expresión máis da desigualdade de xénero que estrutura a nosa sociedade”. O feito de consideralo un privilexio “amosa ata que punto temos interiorizado ese machismo que é incapaz de facernos ver como funcionan os mecanismos de ‘obxectivación que afectan ás mulleres”.
O feito de que ese argumento se siga utilizando entre adolescentes é aínda máis perigoso, pois denota un descoñecemento da desigualdade que se segue producindo hoxe en día e desde idades máis temperás. Verge lembra unha frase que di “cando non pagas polo produto, o produto es ti”.


6.- NON TERÍA QUE MOLESTARVOS QUE VOS DIGAN PIROPOS POLA RÚA, A QUEN NON  LLE GUSTA SENTIRSE GUAPO?

A todo o mundo gústalle sentirse guapo”, lembra Martínez-Bascuñán. Pero a pregunta que debemos facernos, con todo, non é esa, a pregunta correcta, segundo ela e Verge, é: “Por que eses piropos recaen sistematicamente sobre as mulleres?”. Sinalan que eses piropos poden “chegar ao acoso” e, a maioría de ocasións, seguen proxectando “esa imaxe da muller como obxecto antes que suxeito”. O feito de que “eles son suxeitos e elas obxectos” é unha de las expresións máis graves que manifestan esa desigualdade.


11.-A  LINGUAXE NON SEXISTA É UNHA TONTERÍA

A linguaxe crea imaxinarios”, lembra Verge. Aqueles que son partidarios da linguaxe inclusiva (como dicir “homes e mulleres”) alegan que, o feito de que se tome como referencia universal o masculino, escurece a presenza das mulleres e dá prioridade a aos homes. Hai quen encontran esta protesta ridícula, e o falar en feminino xenérico o desdobrar os substantivos unha perda de tempo.
Por outro lado, ao falar de linguaxe sexista hai quen tamén se refire ao feito de que existan expresións na nosa linguaxe claramente machistas. “Choras coma unha nenaza”, “fillo de puta” ou “isto é un coñazo” son algunhas de elas. Mentres que, en linguaxe coloquial, dicir “isto é a polla” supón algo positivo. O mesmo ocorre coa palabra “zorra”, con significados moi diferentes á palabra “zorro”. A linguaxe é unha arma importante que, aínda que se lle dea máis ou menos importancia, segue controlada polos homes.


  • 3ª Sesión: Despois da posta en común e os debates da sesión anterior para reflexionar sobre relacións sas imos a estas entradas do blog “Mi novio me controla


Contrólame o normal?
Se es unha chica e algunha vez fixécheste esta pregunta, estás no sitio onde resolver  as túas dúbidas. 
Non é normal que o teu mozo te controle, nin que un rapaz co que esteas saíndo che obligue a nada. Ás veces confundímolos con interese, con amor.

O control, o querer saber todo o que fas, dicirche como debes vestir (ou como non podes), ou con quen podes ou non saír, ou prohibirche hablar con certas persoas... non é amor, é un xeito de controlarte. 
e http://minoviomecontrola.blogspot.com.es/2015/05/te-quiero-libre-y-me-quiero-libre.html. Nesta última preséntase a canción de “La Otra” :

Yo no me muero si no estás aquí,
puedo andar bien caminando sin ti,
no me haces falta ni eres mi media naranja en la vida,
voy aprendiendo a curarme yo misma todas mis heridas.

Pero contigo,

es cierto que el mundo parece un poco menos feo,
contigo,

es cierto que a veces romper las cadenas duele un poco menos,
y aprendo contigo y contigo camino,
me encanta todo lo que hemos compartido,
tirando barreras, rompiendo los mitos, te quiero libre, y me quiero libre contigo.

Dicen que da miedo la libertad,
no sentirla nunca más miedo me da,
nadie nos dijo que fuese a ser fácil,
sacarse de dentro los cuentos de un príncipe azul,

la luna me dice que puedo ser bruja,
ser fea, violenta, y matar a algún rey,
romper los esquemas, quebrar el sistema,
coger una escoba y en vez de barrer,
lanzarme a volar en la noche. 

Sin miedo de ir sola por un callejón,
sin miedo de hacer lo que me salga del cooo....ntigo
es cierto que el mundo parece un poco menos feo,
contigo,

es cierto que a veces romper las cadenas duele un poco menos,
y aprendo contigo y contigo camino, 
me encanta todo lo que hemos compartido, tirando barreras, rompiendo los mitos, 

Te quiero libre, y me quiero libre contigo.
Te quiero libre, y me quiero libre contigo.







Ningún comentario:

Publicar un comentario