martes, 27 de novembro de 2018
25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Como en anos anteriores este curso arrincamos con moita forza, dispost@s a convivir os 365 días con respecto e igualdade. Unha das actividades que estivemos preparando foi a de "Viñetas e violencia de xénero", onde o alumnado de 2º curso buscou viñetas de debuxantes coñecidos como Borge, Mingote, Gallego y Rey e outros...nas que amosan a violencia contra as mulleres.
Unha vez seleccionada a viñeta e explicada ao resto de compañeir@s o por qué da súa elección, escribiron un lema sobre o que lles suxería, manifestando a súa disconformidade.
Esta actividade complementouse con outra que tivo lugar o 26 de Novembro, na que participou o resto do alumnado e profesorado do IES, que consistiu en buscar información, folletos, trípticos sobre a violencia de xénero, e que culminaba con deixar unha mensaxe relacionada co tema nunha cartolina branca, sobe o un corazón grande en negro.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario