( Sesión: xoves. 22/11/18 Alumnado 3º e 4º. Titoría 5ª hora. Docente: Rita López Castro)
A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL
Esta foi a unidade que
estivemos a compartir o 22 de novembro deste curso 18/19, o grupo no que
traballamos o Plan Proxecta QUÉROTE+ en 3º da ESO. Os compañeiros de 4º non tiñan profesora na hora e día que coincidiu,
así que convidámolos a participar deste debate tan interesante, digo debate
porque os nosos alumnos e alumnas están
moi informados sobre os temas que lles interesan. Eu, como docente, aprendo cada
día algo novo deles e iso é moi enriquecedor. https://www.youtube.com/watch?v=PnDgZuGlhHs
Así que... como eles e elas son os e as protagonistas dos Plans Proxecta brindáronse
xenerosos a axudarme e facer un resumo desta unidade, daquelo máis importante e
que creían máis relevante destacar. Elixiron tamén a imaxe a poñer de todas
as que se nos ofrecían.
Porque?...
preguntei e foron claros, non dubidaron Alicia, Ismael e Jose Antonio representantes do alumnado de 3º e do centro, chico, chica e cultura xitana (importante no noso centro). En Esta radiografía (o amor non ten etiquetas), non se
pode xulgar, pode ser unha parella, chico e chica, dous chicos, dúas chicas,
unha nai e o seu fillo ou filla,un avó ou avóa co seu neto ou neta... un bico, un abrazo, un
baile...
Non se ve a raza, a parte
externa, é só unha demostración de amor, de cariño. Orientación do desexo, identidade sexual... esa é a cuestión??
Analizamos e diferenciamos fomentando, sempre, o respecto a diversidade, a ser, sentirse
e manifestarse libremente. En palabras da alumna e alumnos que me guían:
“É necesario romper mitos. O que vemos como diferente non
debe ser excluído polos demais ou pola sociedade, aínda que, é certo, que cada
vez está máis normalizado o amor entre persoas do mesmo sexo. Existe unha
proliferación de series televisivas e en internet, que introducen a temática homosexual, que axudan a
visibilizar este tipo de parellas. Opinamos que sería interesante abordar estos
temas na programación infantil para normalizar a visión dos novos tipos de parellas.
Cremos que a globalización do amor e das expresións amorosas deben ser
aceptadas de forma inmediata, así enriqueceremos as nosas relacións ”
Tamén comentan que “sobre estos temas aínda hai certos
perxuizos que fan que o tratamento da orientación do desexo sexa motivo de mofa
ou burla”. Estas actitudes de burla, cara as opcións que nos parecen máis
alonxadas de nós, son por descoñecemento porén é tan importante falar, debater,
coñecer..., para entendelas e aprender a respetalas.
- Identidade sexual: é o sexo
biolóxico co que nacemos, se miramos a un bebé espido, dicimos que o que
estamos vendo é unha nena ou un neno
A identidade de xénero é o sentimento propio sobre o noso xénero. Pode
concordar ou non, cada vez vemos máis casos de nenas que se senten nenos e
nenos que se senten nenas.
- Orientación do desexo: é cara
onde se dirixe o desexo ou atracción emocional, romántica ou sexual que
unha persoa sente cara a outra. Sempre houbo
varias pero a maioritaria foi a heterosexual (atracción de distinta
identidade sexual, home e muller) ata agora no que se evidencian outras opcións.
Espero que este recuncho aclare as dúbidas sobre os conceptos anteriores e
motísimas grazas ao alumnado de terceiro que aceptou a miña proposta para
guiarme neste artigo, sen eles e ela, posiblemente isto sería distinto.