domingo, 9 de decembro de 2018

TALLER "IMAXE CORPORAL"

O día 30 de Novembro os alumnos de 3º ESO asistiron na aula de audiovisuais a un taller sobre a imaxe corporal impartido polo equipo profesional do Quérote +.
Entre as actividades realizadas tiveron que propoñer cinco cualidades positivas e negativas deles mesmos. Chamoulles moito a atención que a maioría das cualidades propostas sobre eles mesmos eran negativas.
O equipo de Quérote +, mostroulles vídeos sobre distintos estereotipos de beleza, entre eles estaba a de certas tribus e etnias africanas que realizaban modificaciones dos seus beizos insertando neles pratos de arxila ou madeira co fin de agrandalos, xa que para eles era un símbolo beleza.
Con este taller os alumnos coñeceron unha parte desa diversidade corporal en todos os seus aspectos, e o valor da persoa no seu conxunto, ademais tiveron a posibilidade de consultar co equipo profesional do Quérote + algunha dúbida persoal.



Ningún comentario:

Publicar un comentario